Baixa o número de mortes por coronavirus: 674 en 24 horas

Son 135 menos que onte, é o menor número de vítimas en nove días e o total de decesos sitúase en 12.418

Baixa a cifra de falecementos por Covid-19 en España nas últimas 24 horas. España rexistrou 674 novos mortos nun día, 135 menos que onte. Trátase do menor número de vítimas en nove días e tamén a primeira vez nese período por baixo de 800 decesos. O total de falecidos elévase a 12.418, segundo informou este domingo o Ministerio de Sanidade. Os contagios soben ata 130.759, con 6.023 novos infectados nas últimas 24 horas. 58.744 persoas necesitaron hospitalización e 38.080 foron dadas de alta.

Italia rexistrou nas últimas 24 horas 681 mortos (15.362 en total), a menor cifra en nove días. 124.632 persoas contaxiáronse nese país, que por primeira vez desde o inicio da pandemia logrou rebaixar os pacientes nas UCI: hai 3.994 cando o día anterior eran 4.068.

Publicidade

No mundo, 1,2 millóns de persoas contaxiáronse, máis de 64.700 morreron e 246.000 curáronse, segundo a Universidade Johns Hopkins.

O Goberno francés informou de que o país xa suma polo menos 7.560 decesos e máis de 28.000 persoas seguen hospitalizadas.

Publicidade

Xa faleceron máis de 60.000 persoas no mundo pola pandemia

Alemaña pasou dos 90.000 contagios de coronavirus en todo o país tras rexistrar 5.936 novos casos diarios, case 200 menos que os constatados onte, mentres que a cifra de mortos alcanza xa os 1.342, 194 máis que o sábado, segundo os datos publicados por Instituto Robert Koch (RKI), a axencia gobernamental alemá responsable do seguimento de enfermidades infecciosas.

Cun total de 91.714 casos, Alemaña é xa o cuarto país a nivel mundial en número de contaxios, por detrás de Estados Unidos, España e Italia.

Casos acreditados de positivo por coronavirus por data de rexistro. Fonte: M. de Sanidade.

En Marrocos, o rei Mohamed VI concedeu o indulto a un total de 5.654 presos do país por motivos humanitarios e para evitar a propagación do novo coronavirus, segundo informou o Ministerio de Xustiza do país. Segundo o último balance do Ministerio de Saúde marroquí, tense constancia de 919 casos de coronavirus e dun total de 59 falecidos pola enfermidade.

A pandemia de coronavirus está a asañarse con Nova York, epicentro de tantas cousas en Estados Unidos, e tamén deste virus. O paciente cero da cidade detectouse o 1 de marzo e este venres superábanse os 1.800 mortos e os 57.159 contagios confirmados, case o dobre que a semana pasada, un de cada catro en todo o país.

Brasil rexistrou 1.222 casos novos de coronavirus nun só día, polo que o número de contagios superou os 10.000, mentres que confirmou 73 mortes máis, unha cifra que ascende ata os 432, segundo os últimos datos ofrecidos este sábado polo Ministerio de Saúde.

A metade dos concellos galegos confirmaron algún caso de coronavirus

O organismo indicou que o número de casos positivos de Covid-19 alcanzou os 10.278 e Brasil consolídase como o país latinoamericano máis afectado actualmente pola pandemia.

A pandemia pode deixar tamén gravísimas consecuencias sociais e economómicas en América latina. A Comisión Económica para América e o Caribe calcula que o número de latinoamericanos en pobreza extrema pasaría dos 67,5 millóns actuais a 82 millóns, cifra que se podería disparar ata os 90 millóns de persoas.

Mapa de casos de coronavirus por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade