Nova caída de falecidos en España: 399 en 24 horas

Segundo o último balance do Ministerio de Sanidade, 20.852 persoas morreron polo coronavirus desde o inicio da pandemia

A cifra de mortos diarios con coronavirus descende en España, con 399 novas vítimas mortais en España en 24 horas. Segundo o último balance do Ministerio de Sanidade, 20.852 persoas morreron desde o inicio da pandemia, mentres que hai máis de 200.000 contaxiados dos que máis de 80.000 están curados.

A pandemia cobrouse a vida de máis de 165.000 persoas no mundo e contaxiáronse 2,4 millóns, segundo os datos da Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

Os Estados Unidos superan os 40.000 mortos por coronavirus. É o país máis golpeado pola pandemia. Polo menos 40.585 persoas perderon a vida neste país pola enfermidade, co Estado de Nova York como o máis golpeado, con máis de 13.800 falecidos. Ademais, máis de 742.000 persoas deron positivo. O seguinte país con máis vítimas mortais é Italia, con 23.660, seguido por España, que rexistra xa 20.453 defuncións.

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Italia rexistrou 433 mortos en 24 horas, case 50 menos que onte.O total de falecidos é de 23.660, e o de contaxiados de 178.972. O mellor dato é o que ofrecen as UCI, cuxos pacientes baixan por décimo sexto día consecutivo. Son 2.636, 97 menos que onte.

Publicidade

Alemaña rexistra hoxe luns un total de 141.672 casos positivos por coronavirus, segundo os datos que publica o Instituto Robert Koch. Nas últimas 24 horas rexistráronse 1.775 novo casos, o que supón un novo descenso do incremento (1%), aínda que a cifra podería estar distorsionada debido á transmisión de datos durante a fin de semana.

Galicia rexistra 101 novos casos e 29 altas entre o venres e o sábado

O número de mortos en Alemaña ascende a 4.404, é dicir 110 máis que o día anterior. A taxa de mortalidade ascende ao 3,1%. Hai ademais 91.500 infectados que xa se recuperaron, o que supón máis da metade dos casos. A taxa de reprodución do virus sitúase en 0,8.

Rusia rexistra 4.268 novos contagios por coronavirus nas últimas 24 horas, o que representa un descenso fronte aos 6.060 casos do día anterior.

Con 115 novas mortes confirmadas por covid-19 nun día, Brasil supera a 2.400 vítimas. O país suma e 38.654 infeccións e continúa como epicentro da pandemia na rexión. A taxa de mortalidade é do 6,4%.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes ler os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados

Badiola: “Hai unha probabilidade moi alta de que a nova gran pandemia teña orixe animal”

O doutor especialista en sanidade animal, sobre a gripe aviaria: “O risco para a cidadanía é extremadamente baixo, pero non completamente inexistente”