Novo lixeiro repunte na cifra de falecidos diarios en España, que sobe ata 440, cinco máis que onte. Segundo o último balance de Sanidade, 22.157 persoas morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 213.000 deron positivo e 89.000 curáronse. Malia o leve incremento de mortes dende o pasado martes, en conxunto os número de falecidos da actual semana sitúase na cota dos 400 fronte aos por riba de 50 da semana anterior..
A Covid-19 cobrouse a vida de máis de 183.000 persoas no mundo e contaxiáronse case 2,6 millóns, segundo a Universidade Johns Hopkins.
Alemaña superou os 5.000 mortos, segundo os datos publicados polo instituto Robert Koch. En total, persoas 5.094 morreron ata o de agora; 215 nas últimas 24 horas. A taxa de mortalidade sitúase no 3,4%. En Alemaña, 148.046 persoas deron positivo de coronavirus, o que a converte no quinto país do mundo con máis contagios diagnosticados. 103.300 persoas xa están curadas.
Os falecidos en Italia con coronavirus alcanzaron hoxe os 25.085, tras rexistrarse 437 mortes máis as últimas 24 horas, a cifra máis baixa dos tres últimos días, nunha xornada na que houbo un repunte dos casos totais. Desde que se detectou o virus en Italia o 21 de febreiro, os casos de contagios totais xa son 187.327, o que supón un aumento de 3.370 desde o martes, o maior desde o pasado 18 de abril.
Nos Estados Unidos, o epicentro da pandemia está no estado de Nova York, que supera os 15.000 falecidos por coronavirus con outras 474 mortes nun só día.
Rusia rexistrou 4.774 novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas, cunha caída por terceiro día consecutivo. O total de positivos elévase a 62.773, mentres que os falecidos son 555, con 42 novas vítimas mortais nun día, anunciaron este xoves as autoridades sanitarias.
Os positivos repuntan en Galicia, con 6.534 persoas afectadas pola Covid-19
O Goberno arxentino confirmou este mércores oito novas mortes por coronavirus e suman 159 desde o inicio da pandemia no país, hai un mes e medio. Bos Aires, con 800 casos, é a cidade de Arxentina con maior número de casos.
México confirmou ata o momento 10.544 casos positivos de coronavirus, despois dos 1.043 rexistrados este mércores, e 970 vítimas mortais.
Colombia supera as 200 mortes por coronavirus. O país reportou hai algúns minutos 10 novos falecementos relacionados coa covid-19 nas últimas 24 horas, co que acumula un total de 206.
Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade