Chega a Galicia unha borrasca con frío polar, neve e avisos laranxas

A masa de aire polar levará a neve ata os 700 metros e hai tamén avisos por ondadas de 8 metros e fortes ventos

Chega a Galicia o frío polar. Case literalmente, porque unha potente borrasca con aire xeado procedente de Groenlandia, caerá sobre o país a partir deste xoves, nunha fronte acompañada de fortes precipitacións, alerta laranxa no mar, fortes ventos e a cota de neve que baixará este venres ata os 700 metros.

Meteogalicia activou avisos laranxas por ondadas de 5 a 8 metros no litoral norte de Galicia xa para este xoves e venres. Ademais, o vento será moi forte na costa, así como tamén en varias zonas do interior, onde hai activados tamén avisos amarelos.

Publicidade

A profundísima borrasca baixará desde latitudes polares e os mapas debuxan unha infinidade de isobaras paralelas que guían cara ao sur unha masa de aire polar e ártico, que acabará topándose coa Península Ibérica.

As temperaturas que prognostica o modelo europeo serán moi baixas, co que se esperan xeadas en boa parte do país. A masa de aire polar marítimo irase retirando a partir do domingo aínda que continuaremos na influencia das borrascas, con alta probabilidade de chuvia, ata o final do período. As temperaturas terán un aumento progresivo a partir da vindeira semana.

Publicidade

Aquí podes consultar os novos avisos amarelos e laranxas de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

A borrasca Austen activa a alerta laranxa en Galicia por ondas que poderán superar os sete metros

Trátase da segunda das tres frontes atlánticas que pasarán por Galicia esta semana, coa terceira prevista para o domingo