Chega a borrasca Karim a Galicia con alertas laranxas por vento e choiva

Educación limita as actividades escolares ao aire libre e están previstos ventos de máis de 100 km/h en toda a costa galega

Chega a Galicia a borrasca Karim, que trae avisos laranxas por fortes ventos e intensas choivas, que varrerán o país especialmente dende a tarde deste venres 19 de febreiro.

As previsións tanto de Meteogalicia como da AEMET levaron á Consellería de Educación a suspender toda a actividade no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectadas por fortes ventos da mañá deste venres.

Publicidade

A Axencia Estatal de Meteoroloxía estableceu unha alerta de nivel laranxa nas provincias atlánticas, a costa lucense e as zonas de montaña da comunidade. Os ventos poden superar a barreira dos 100 quilómetros por hora.

Os centros educativos afectados son os do oeste e suroeste da Coruña, a partir das 12 horas, e de toda a provincia de Pontevedra, a Mariña e a montaña de Ourense a partir das 18 horas, segundo informa a Xunta de Galicia.

Publicidade

Mapa de isóbaras da borrasca Karim publicado pola AEMET.

Déixase en mans das direccións dos colexios a responsabilidade de decidir sobre a suspensión das actividades extraescolares no caso de que as circunstancias do seu municipio evolucionen ata supoñer un risco superior ao declarado.

O centro dunha fonda borrasca situarase ao oeste de Irlanda. Unha fronte asociada a esa baixa será a que afectará a Galicia, e na madrugada do vernes ao sábado espéranse choivas especialmente intensas mentres que o vento soprará forte do sur, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.

Aquí podes consultar o boletín de avisos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro