A primeira fronte fría do ano deixará aviso amarelo en todo o litoral galego

O anticiclón que predominou estes días dará paso, esta noite, a chuvias e vento intensos e descenso térmico a partir de mañá

O 2021 despediuse cunha temperaturas que acadaron rexistros históricos. De feito, no primeiro día de 2022, Lugo superou os 20ºC, unha cifra nunca vista nesta zona en xaneiro. De igual modo sucedeu na Coruña e noutros puntos de Galicia. Non obstante, as temperaturas apacibles están a piques de chegar á súa fin. O tempo empezará a empeorar esta mesma tarde, con vento forte do sur. Pola noite recibiremos unha fronte fría, que virá cargada de chuvia e vento intensos, así como dun aviso amarelo en todo o litoral galego.

Segundo informan dende Meteogalicia, dende a tarde de hoxe ata as primeiras horas de mañá rexistraranse refachos superiores aos 80 km/h no noroeste e oeste da Coruña, na Mariña e nas montañas de Lugo e Ourense. Na meirande parte do litoral galego, a noite de hoxe tamén estará protagonizada polo vento do sur con forza 7 que, en determinados puntos do noso litoral (como a Costa da Morte e o Noroeste da Coruña), pode chegar aos intervalos de forza 8.

Publicidade

Máis polo miúdo, a predición para mañá é de chuvia intensa ao longo de toda a mañá, que tamén virá acompañada dun descenso térmico pola tarde. Porén, a fronte fría perderá intensidade e o mércores a chuvia será feble e intermitente. O día de Reis haberá un tempo cambiante, con probabilidade de chuvascos, aínda que estes non serán nin intensos nin persistentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro