19 positivos nunha residencia en Ribeira onde xa comezara a vacinación

A vacina de Pfizer só é efectiva ao 95% días despois de recibir a segunda dose polo que hai que manter todas as precaucións tras a primeira inxección

Unha residencia de maiores de Ribeira, na Coruña, é o segundo centro en España en rexistrar un gromo de coronavirus despois de que os seus residentes foran vacinados. Hai 19 residentes e dous traballadores contaxiados, segundo confirmou a Consellería de Sanidade.

Este centro foi o primeiro da súa bisbarra (O Barbanza) no que se vacinou aos residentes e empregados o pasado 30 de decembro, tres días despois de que comezase a campaña de vacinación coa primeira dose de Pfizer.

Publicidade

Lonxe de ser un caso raro, o suceso entra de cheo no anunciado sobre a vacina de Pfizer para o coronavirus, que xera inmunidade a partir dos primeiros 12 días tras recibir a primeira dose. E a inmunidade non é completa ata recibir a segunda dose da vacina.

O Sergas emitiu unha nota lembrando que a inmunidade do 95% non se fai efectiva ata unha semana despois de recibir a segunda dose da vacina contra o coronavirus.

Publicidade

Esta non é a primeira vez que se detecta un gromo nunha residencia na que xa se efectuou a vacinación: o pasado 5 de xaneiro deuse a coñecer a situación dun centro de Mallorca con 69 persoas contaxiadas.

Actualmente, hai en Galicia 214 usuarios de residencias de maiores diagnosticados de Covid-19. Isto supón unha notable diferenza respecto a os casos comunicados nos días anteriores a Noiteboa, cando había menos dun cento de contaxiados nos centros galegos. Ademais, hai 94 traballadores que deron positivo co coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

42 días no corazón do hantavirus, a historia do galego a bordo do ‘Hondius’

O ornitólogo Ricardo Hevia emprendeu unha viaxe de observación de aves que se viu alterada por unha alerta sanitaria mundial e un confinamento que vén de cumprir

As claves do gromo de hepatite A de Narón: que se sabe do contaxio

O longo período de incubación de ata dous meses dificulta a identificación da fonte inicial e obriga a manter a vixilancia epidemiolóxica

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo