Eva Poveda, experta en infeccións por VIH, participa na Coruña no ciclo Ciencia Express

O ciclo de conferencias Ciencia exPress que promoven a Universidade da Coruña e a Asociación de la Prensa da Coruña traerá á Sala de Prensa da Reitoría o vindeiro 24 de novembro, ás 20:00 horas, á investigadora biomédica Eva Poveda que ofrecerá a conferencia “Infección por VIH e virus da hepatite C: que temos que saber?”.

Este ciclo de conferencias, aberto a todo o público, ten como obxectivo explicar de forma sinxela e rigorosa conceptos ou temas de actualidade mediática e de interese xeral. As infeccións polo Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH) e o virus da hepatite C (VHC) son problemas importantes de saúde pública a nivel mundial. Nos últimos anos, os avances en investigación biomédica cambiaron de forma radical o escenario destas dúas infeccións mellorando de forma extraordinaria o diagnóstico, tratamento e evolución clínica das persoas infectadas. Eva Poveda presentará na súa conferencia as principais características destas dúas infeccións e falará de aspectos epidemiolóxicos e virolóxicos, así como explicará os últimos avances a nivel diagnóstico e de tratamento e cales son os retos científicos actuais en relación a estas dúas infeccións.

Publicidade

Poveda é investigadora Biomédica, doutora en Microbioloxía Médica pola Universidade Complutense de Madrid (2004). Bióloga pola Universidade de Santiago de Compostela (1998). Experta no estudo da infección por VIH/SIDA e as hepatites virais. Participa e lidera proxectos de investigación nacionais e internacionais pioneiros no estudo destas infeccións. A dra. Eva Poveda ten un amplo coñecemento en técnicas de Bioloxía Molecular que lle permitiron o deseño e a implementación de diferentes ferramentas diagnósticas para o seguimento clínico de pacientes con infección por VIH e/ou hepatites virais. Ten publicados máis de 115 artigos en prestixiosas revistas internacionais (H-index:28) e os resultados dos seus traballos tiveron unha aplicabilidade directa no manexo clínico dos pacientes con infección por VIH e/ou hepatites virais. É co-autora e participa como experta na elaboración de diferentes Guías e Documentos de consenso como o de GeSIDA para o tratamento antirretroviral en adultos infectados por VIH ou o de GEHEP para o tratamento das hepatites víricas. É membro do consello da ESAR (European Society for Translational Antiviral Research) por España.

Actualmente coordina o Grupo de Viroloxía Clínica no Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, INIBIC, do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e a Universidade da Coruña.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A actividade do IIS Galicia Sur permite devolver á sociedade máis de dez euros por cada un investido

O modelo SROI revela o gran rendemento que supoñen as achegas de cartos públicos para a investigación sanitaria

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos