Un estudo sobre bruxas e feminismo gaña o premio Ernestina Otero

O traballo de fin de grao no que a Tamara Fernández avalía o impacto da coeducación no desenvolvemento persoal e o proxecto de fin de mestrado no que Rebeca López Villar afonda no concepto de bruxa na creación audiovisual contemporánea veñen de converterse en dous dos traballos gañadores dos Premios Ernestina Otero, cos que o Concello de Pontevedra recoñece aqueles traballos de fin de grao e fin de máster que incorporan á súa análise a perspectiva de xénero. Na terceira edición destes galardóns, aberta ao alumnado das tres universidades galegas, tamén foron seleccionados polo xurado os proxectos de fin de grao de Bárbara Penas Rey e de Ignacio Márquez Collazos.

Rebeca López.
Rebeca López.

Dotados cun premio económico de 1000 euros, un total de 17 proxectos, defendidos ao longo do curso 2015-2016, concorreron á presente edición duns galardóns dirixidos a recoñecer investigacións vencelladas ao fomento da igualdade entre homes e mulleres., así como a promover a sensibilización e participación da cidadanía, segundo informou o Concello, que entregará estes galardóns nun acto público na Casa da Luz o vindeiro luns 28. Un xurado composto por Came Fouces, concelleira de Igualdade; Rosa Campos, directora do Centro de Información á Muller (CIM); Anabel G. Penín, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo; Montserrat Golías, representante da Universidade da Coruña; e Dolores Vilavedra, en representación da USC, decidiu por unanimidade o pasado venres outorgar estes premios a Fernández, López, Penas e Márquez.

Publicidade

O impacto da coeducación no desenvolvemento persoal é o título co que Fernández Amosa, quen cursou o grao en Educación Primaria na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, resultou merecedora dun destes premios Ernestina Otero. Nun traballo titorizado pola profesora Purificación Mayobre, Fernández desenvolve unha proposta de actuación coeducativa para os dous primeiros cursos de Educación Primaria, na que “as actividades que a compoñen abórdanse en distintas manterias como un tema transversal e convidan á reflexión sobre a desigualdade de xénero mediante o traballo cooperativo e a educación en valores”. Igualdade, respecto e recoñecemento da diversidade constitúen neste senso o eixo desta proposta de intervención nun camo de traballo “prioritario”, como é o educativo, segundo destaca o xurado no seu fallo.

Partindo dos estereotipos asociados á idea da bruxa, a alumna da Facultade de Belas Artes Rebeca López Villar buscou desmitificar e deconstruír o imaxinario que rodea a este concepto, “para resignificalo desde unha óptima feminista” no seu traballo final para o máster en Arte Contemporánea. Creación e investigación, As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son os fillos de puta). O concepto ‘bruxa’ na creación audiovisual contemporánea. “Levaba xa varios anos traballando coa figura da bruxa, o meu traballo de fin de grao xa tiña que ver con isto e neste caso fixen fincapé no papel da bruxa na produción audiovisual”, sinala esta alumna do proxecto que realizou con Susana Cendán como titora e no que constatou como segue a existir “unha intención clara” por parte de certos autores de empregar o termo bruxa “como un eufemismo para sinalar o suposto carácter perverso da muller”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego demostra os efectos negativos do eucalipto nos ecosistemas fluviais

O estudo da UVigo constata que a diversidade de especies nos regatos diminúe naqueles lugares rodeados das árbores oriúndas de Australia

Ter un peso adecuado pode ser máis importante que facer exercicio para evitar o risco de cancro

Un estudo da UVigo apunta a que a actividade física sería insuficiente para contrarrestar os efectos negativos de ter sobrepeso ou obesidade

O investigador Jordi Borràs gaña o Premio atlanTTic á mellor tese de doutoramento

O experto da Universitat Politècnica de Catalunya propón un esquema innovador para reducir as interferencias nas comunicacións sen fíos

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía