Sábado 27 Abril 2024

A disputa literaria entre dous escritores do século XII plasmada no Códice Calixtino

O investigador José María Anguita Jaén relaciona a vida destes autores coetáneos que defenderon intereses dispares nas guerras dinásticas inglesas

A historia pode ser fantástica, pero a ficción, incluso cando aparece camuflada de múltiples datos historiográficos, nunca acada a condición de realidade. Tal é o caso de ‘Historia dos Reis de Britania’, a obra magna de Jofre de Monmouth na que bota a andar a lenda de Arturo, ou o propio Liber Sancti Jacobi ou Códice Calixtino, que supón o principal legado de Aimerico Picaud, que, alén dos escritos litúrxicos, completa este compendio coa narración da historia de Carlo Magno e coa Guía do Peregrino, que, á sazón, inauguraría a prolífica senda da literatura xacobea.

Monmouth e Picaud, dous autores coetáneos do século XII que coincidiron na mesma rexión xeográfica e incluso poida que chegaran a coñecerse, segundo sostén José María Anguita Jaén, profesor e investigador do Departamento de Filoloxía Clásica da USC na Facultade de Humanidades de Lugo, achegan dúas visións “falsas, ficticias ou fantásticas da historia”, a través dunha prolífica produción escrita deu pé a unha intensa disputa literaria ao longo da primeira metade do século XII na que se fan visibles os intereses dispares dos seus respectivos señores no contexto das guerras dinásticas desatadas en Inglaterra tralo pasamento de Enrique I.

Publicidade

O profesor Anguita Jaén dá conta desta suposta confrontación entre Mammout de Geoffrey no artigo Pictavenses contra Cornubianos: unha polémica literaria con transfondo político entre Jofre de Monmouth e Aimerico Picaud, incluído no volume número 35 da Revista de Literatura Medieval que edita a Universidade de Alcalá. O autor desta contribución salienta como Picaud mestura nalgúns dos escritos do Códice Calixtino unha esaxerada admiración polos seus paisanos da cidade francesa de Poitiers con comentarios despectivos para outros pobos, tales como os cornualleses, aos que alude cun adxectivo insultante (caudatus).

Anguita Jaén, no seu despacho da Facultade de Humanidades. Foto: USC

De xeito parello no tempo, Jofre de Monmouth pon en escena a Corineo, heroe epónimo de Cornualles cuxa figura nobre e invencible parece creada para contestar á semántica de caudatus, e cuxas maiores fazañas teñen lugar precisamente contra xentes do Poitou, ás que derrota de forma repetida e humillante. Estes relatos fantásticos, explica Anguita Jaén, permite deducir que a controversia entre os dous autores podería ser o reflexo dun choque real entre exércitos do Poitou e Cornualles que tivo lugar a finais de 1136 en Normandía. Este foi un dos primeiros actos do conflito dinástico provocado pola morte de Enrique I de Inglaterra, e que implicou a boa parte dos señoríos británicos e franceses do seu tempo.

Un segundo artigo publicado por Anguita Jaén en Cuadernos del Cemyr baixo o título ‘Entre a historia e a ficción: Dictis e Dares como modelos da Historia Karoli Magni (Pseudo-Turpín) e o De gestis Britonum, de Jofre de Monmouth’, afonda na presunta condición de historias de base lexítima nas que se basean os dous ciclos literarios máis produtivos da Idade Media, tal e como son a materia artúrica e a carolinxia.

Este artigo propón como hipótese de traballo que os seus dous autores coñeceron as súas respectivas obras e pon de manifesto como, de forma simultánea e paralela, ambos conseguiron mimetizarse no contexto historiográfico do seu tempo, mediante un coñecemento perfecto das convencións do xénero; e mediante unhas estratexias de autorización que calcaron do ‘De excidio Troiae’, de Dares o Frigio e a ‘Ephemeris belli Troaini’ de Dictis de Creta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións