O reto de Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial da Unesco pasa por Fitur

Á espera de que a UNESCO certifique este espazo, o deputado de Turismo Xosé Regueira "defende o valor xeolóico incuestionable do xeoparque"

Baixo o lema Cabo Ortegal. Unha viaxe ao centro da Terra a Deputación de A Coruña presentou en Fitur a súa aposta por visibilizar o xeoparque como destino turístico. A presentación, que tivo lugar no stand de Galicia, ensalzou os valores dos sete municipios coruñeses —Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño-— que abarcan a área.

Segundo o vicepresidente da Deputación de A Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, a presentación constitúe un paso máis no que esperan que sexa a certificación de Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial por parte da Unesco. “Cabo Ortegal é un terreo cuns valores xeolóxicos absolutamente singulares e incuestionables”, declara.

Publicidade

Humanizar o proxecto

Un dos retos do xeoparque de Cabo Ortegal foi o de poñerlle rostro ao proxecto. Para iso, a presentación estivo conducida pola ferrolana Paula Vázquez e intervida por diferentes persoas con perspectivas diferentes sobre Ortegal. Entre elas, a consultora e coordinadora de Goodlife María Mesías; o presidente da Asociación Xeoparque Cabo Ortegal, José Miguel Alonso; o conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, e o propio Xosé Regueira, que destacou as posibilidades que ofrece este espazo para o desenvolvemento dun turismo científico, xeolóxico e consciente.

“Ortegal pode desfrutarse a través de diferentes experiencias, dende facer unhas rutas de sendeirismo a unha camiñada contemplativa coa cámara fotográfica na man”, engade Regueira. A parte máis social apareceu na presentación en formato de vídeo coa proxección de catro spots que recollen o testimonio de persoas de diferentes ámbitos e sectores da sociedade de Ortegal, desde empresarios de distintos sectores ata representantes do deporte ou da cultura.

Publicidade

Paisaxe única

Os 600 quilómetros que integran o xeoparque de Cabo Ortegal inclúen unha paisaxe singular, con espazos naturais dunha beleza fascinante. Entre eles, as praias de area negra de Cedeira —as únicas de Europa en ter area negra sen ser volcánica—, o entorno da Serra da Capelada, as minas de cobre ou os cantís de Loiba, os máis altos de europa continental. “É unha auténtica gozada para os sentidos”, apunta Regueira.

“A costa de Ortegal daría para varios dos bancos máis bonitos do mundo”

Dende a Deputación tamén teñen unha proposta de cara ao futuro inmediato. A idea é crear unha marca de calidade do producto agroalimentario deste espazo, por ter unhas características singulares. Desta forma, Cabo Ortegal constitúe un destino turístico integral que pode xerar suficientes ingresos para a comunidade local.

Atraer ao turismo de peregrinación

Regueira aproveitou a presentación para lanzar unha proposta. Xa que en Ortegal está o santuario de Santo Andrés de Teixido, un dos máis antigos de Galicia, búscase animar ao turismo de peregrinación. A lenda de San Andrés dí que “quen non vai de vivo unha vez, vai de morto tres. E tirando dese fío, dende a Deputación queren “transmitir que para desfrutar da gloria, entendida como unha comunión co medio natural, non chega con ir ata Compostela ou Fisterra, hai que chegar a San Andrés”. En palabras de Regueira, “sería como unha especie de xubileo xeolóxico”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo revela os segredos da Pedra Cabaleira, a singular rocha sedimentaria do Val do Sil

Un artigo publicado na revista 'Geoheritage' caracteriza a roca empregada para a edificación de igrexas, castelos e casas rectorais

As Illas Cíes e a súa cápsula do tempo

O Concello de Vigo inaugura unha exposición itinerante sobre a candidatura do arquipélago a Xeoparque da Unesco

Cabo Ortegal, novo Xeoparque Mundial: “A decisión da Unesco reforzará o turismo de calidade”

O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, cre que a distinción impulsará o asentamento de poboación nova

Cabo Ortegal é declarado Xeoparque Mundial da Unesco

A denominación pon en valor o enclave dende o punto de vista xeolóxico, paisaxístico e natural, con rochas de máis de 400 millóns de anos