Décimo número da revista Mazarelos

Contén artigos sobre patrimonio inmaterial, escultura, filosofía, educación, emigración e unha entrevista aos fotoxornalistas Charo Lopes e Brais Lorenzo

A revista Mazarelos está de celebración: acaba de sacar o seu décimo número. Como é habitual, a unha ilustración ocupa a portada. Nesta ocasión, o laranxa e o verde son as cores protagonistas grazas dunha lámina da artista galega Sarai Lorenzo Broullón.

Máis polo miúdo, os dous primeiros artigos deste número están relacionados co patrimonio. Sara Fraga Pérez achéganos ao patrimonio inmaterial a través dunha conceptualización teórica do concepto e de exemplos prácticos dalgúns proxectos nos que participou na comarca das Mariñas. Pola súa banda, Alba Rivas Regal e Jorge Viz González analizan e contextualizan o Monumento de Manuel Pailós, artista galego emigrado en Uruguai desde novo. A dita escultura atópase no campus norte da Universidade de Santiago de Compostela.

Publicidade

Seguen dous artigos de historia. O primeiro, asinado por Marco Antonio Álvarez Sánchez, analiza o termo de liberdade desde a antigüidade clásica até a contemporaneidade. Deseguido, Diego García Couso presenta un estudo de caso realizado no CPI Virxe do Monte (Cospeito) co alumnado de 4º de ESO sobre a súa representación dos fascismos.

A entrevista deste número está protagonizada por dúas persoas que se moven no mundo do fotoxornalismo: Charo Lopes e Brais Lorenzo. Estudaron na Escola de Arte Superior e Deseño Antonio Faílde de Ourense, aínda que en cursos diferentes, e desde aí comezaron a traballar desde espazos e ópticas distintas. Isto é o que precisamente fixo que a súa conversa fose moi distentida e moi entretida, a cal xirou sobre a cultura da inmediatez, a intelixencia artificial, as condicións laborais do sector e os espazos colaborativos, entre outros asuntos. 

Publicidade

Pecha o décimo número Daniel García Fernández, presidente da Agrupación Instrutiva de Caamouco (Ares). No texto fai un repaso histórico da centenaria agrupación e achéganos ao seu papel na actualidade, onde constata a enorme pegada que ten na comunidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Guía para reciclar en Vigo: que vai en cada contedor e que non?

A cidade conta con sete contedores para separar vidro, papel e cartón, envases, materia orgánica e outros residuos

Por que os vapers lle cambiaron a voz a Selena Gómez? O (pouco) que se sabe dos cigarros electrónicos

A docente da USC Julia Rey explica que conteñen substancias canceríxenas tamén presentes no tabaco convencional

Un estudo identifica as claves xenéticas da “adaptación evolutiva única” das píntegas das Illas Atlánticas

A UVigo participou na investigación, que achou que en dúas localizacións do parque nacional as femias dan a luz crías terrestres, en lugar de larvas acuáticas

A borrasca Austen activa a alerta laranxa en Galicia por ondas que poderán superar os sete metros

Trátase da segunda das tres frontes atlánticas que pasarán por Galicia esta semana, coa terceira prevista para o domingo