Nin Ferrari, nin Mercedes, nin McLaren. O motor do futuro está en mans dos estudantes de enxeñería de hoxe. Como os 14 alumnos da Universidade de Vigo que construíron un monopraza para correr en Formula Student, a maior competición de enxeñería entre universidades de todo o mundo.
Os circuitos de Silverstone (Reino Unido), Hockenheim (Alemaña) e Montmeló (España) probarán as prestacións dun bólido que se ten convertido en toda unha aventura tecnolóxica.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












