CR7, a galaxia de Cristiano Ronaldo

Galaxi CR7
Utilizando o Very Large Telescope do ESO (European Southern Observatory), un equipo de astrónomos descubriu a galaxia máis brillante encontrada ata agora no universo temperán, achando ademais evidencias de que, axexando no seu interior, hai exemplares da primeira xeración de estrelas. Estes obxectos masivos, brillantes e puramente teóricos ata agora, foron os creadores dos primeiros elementos pesados da historia, os elementos necesarios para forxar as estrelas que nos rodean hoxe en día, dos planetas que as orbitan e da vida tal e como a coñecemos. A galaxia recén descuberta, alcumada CR7, é tres veces máis brillante que a galaxia distante máis brillante coñecida ata agora. O alcume de CR7 é a abreviatura de COSMOS Redshift 7, unha medida da súa situación en termos de tempo cósmico. Foi inspirado polo ‘galáctico’ futbolista portugués Cristiano Ronaldo, coñecido como CR7. Os astrónomos teorizaron durante moito tempo sobre a existencia dunha primeira xeración de estrelas —coñecida por estes como estrelas de poboación III— que naceron do material primordial do Big Bang. Todos os elementos químicos máis pesados (como osíxeno, nitróxeno, carbono e ferro, que son esenciais, para a vida) se forxaron no interior das estrelas. Isto significa que as primeiras estrelas deberon formarse a partir dos únicos elementos que existían antes das estrelas: hidróxeno, helio e trazas de litio. Estas estrelas de poboación III terían sido enormes (varios centos ou mesmo mil veces máis masivas que o Sol, ardentes e efémeras) e terían acabado explotando como supernovas despois de tan só uns dous millóns anos. Pero ata agora a busca da proba física da súa existencia non encontrara ningunha evidencia clara, informa a NASA. | Foto: ESO.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados