Paleopark: buscando as illas Cíes de fai 6.000 anos

As illas Cíes son un paraíso que garda a ría de Vigo. Alí, unha pequena masa de auga, a chamada Lagoa dosNenos, desprega os seus antigos segredos sobre a historia do arquipélago. No máis profundo, hai sedimentos que nos permiten localizar a pegada da Humanidade na nai natureza. Un equipo de sete investigadores do proxecto Paleopark dirixido por Miguel Ángel Mateo, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) recolleu mostras sedimentarias durante semanas na lagoa co obxectivo de ter unha imaxe das illas pasadas. E conseguiron chegar aos rexistros biolóxicos que nos remontan a polo menos 6 mil anos no pasado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas