O economista José Ramón Cancelo ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou nun acto no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de José Ramón Cancelo de la Torre, catedrático no Departamento de Economía Aplicada da Universidade da Coruña (UDC), que se integra na Sección de Ciencias Económicas e Sociais. E así se completa a rolda de incorporacións á institución neste ano, protagonizada por catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

José Ramón Cancelo.
José Ramón Cancelo.

O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titulouse“A crise da eurozona: unha historia de desequilibrios e asimetrías”. Logo de pronuncialo, recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma polo reitor da UDC, Julio Abalde.

Publicidade

José Ramón Cancelo licenciouse en Ciencias Económicas en 1982 na USC e doutorouse pola Universidade Autónoma de Madrid catro anos despois. Ata 1988 realizou varios cursos para posgraduados no Banco de España, na especialidade de economía cuantitativa.

Logo dunha primeira etapa como docente na Universidade Autónoma de Madrid, que compaxinou cunha breve experiencia na empresa privada, conseguiu primeiro a cátedra na Universidade de Castela-A Mancha e, en 1995, na Universidade da Coruña, na que desde entón exerce como profesor e investigador, no grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento.

Publicidade

No ámbito científico, figura como investigador principal en contratos e proxectos tanto para entidades públicas (Xunta de Galicia, Junta de Andalucía e Universidade Carlos III, entre outras) como privadas (Repsol ou Fundación Barrié).

É membro do Consello Galego de Estatística como representante dos profesionais de relevancia neste campo desde 1998. Entre 2004 e 2013 anos foi membro das comisións de doutoramento e estudos de mestrado e tamén exerceu como director do Departamento de Economía Aplicada II da UDC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As persoas con baixos recursos económicos fuman máis e son menos propensas a deixalo

Un estudo revela que as desigualdades socioeconómicas inflúen na dependencia ao tabaco e na eficacia dos programas de abandono

A RAGC galardoa unha investigación sobre o uso de aeroxeles para aplicacións médicas

Os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2025 tamén recoñecen unha nova terapia para a obesidade que evita fármacos centrándose no gasto enerxético

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático