O catedrático galego Fernando Pérez, galardoado cos II Premios Galicia Innovación e Deseño

O investigador da Universidade de Vigo é tamén co-fundador da empresa Gradiant e membro da Real Academia Galega de Ciencias

O enxeñeiro Fernando Pérez González, catedrático de Telecomunicación da Universidade de Vigo (Uvigo) e cofundador do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), foi galardoado cos II Premios Galicia Innovación e Deseño (ID) na categoría de traxectoria innovadora.

Os Premios Galicia ID financiados pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), teñen como obxectivo recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvemento económico e social galego a través da innovación e o deseño.

Publicidade

https://twitter.com/InnovaDeseno/status/1485591498179727364

Currículum do premiado

Fernando Pérez González é Doutor de Enxeñería de Telecomunicación pola Universidade de Vigo e catedrático no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (TSC) desta mesma universidade. Foi impulsor e o primeiro Director Xeral de Gradiant (do 2007 ao 2014), un centro que combina I+D público e privado con máis de 100 empregados e motivo polo que recibe este galardón.

Publicidade

Pérez González é coautor de 70 artigos en revistas internacionais e máis de 180 en actas de congresos. É investigador principal da UVigo nos proxectos europeos CERTIMARK, ECRYPT, REWIND, NIFTY, WITDOM e UNCOVER. Dende o 2014 é membro da Real Academia de Ciencias de Galicia e desde 2016 do Fellow do IEEE.

Os premios

Os galardóns teñen como finalidade destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel fundamental para mellorar a competitividade das empresas e a calidade de vida das persoas. Estes premios convócanse no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 (DIFERENZA). Céntrase na seccón innovación, con tres categorías: traxectoria innovadora, pequena e mediana empresa e gran empresa. E outra sección de deseño, coas categorías: profesionais, deseñadores mozos e empresas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto sobre o cancro de mama triplo negativo do CINBIO gaña o premio Zendal

O equipo liderado por María Mayán aproveitará os fondos para comezar cos ensaios preclínicos en modelos animais

Si, aos lagartos gústalles a pizza: esta é a ciencia máis divertida premiada nos Ig Nobel

De vacas raiadas a lagartixas 'gourmet', pasando por uñas, zapatos e a receita cientificamente perfecta de salsa de pasta

Unha bacteria presente na xudía común: a solución galega fronte o impacto da agricultura intensiva

Unha investigación da Misión Biolóxica, recoñecida polos premios Proxectos Emprendedores e Startups do CSIC por reducir o uso excesivo de fertilizantes

Zendal presenta un xurado de prestixio para avaliar os proxectos dos seus premios

Empresas e grupos de investigación teñen ata o 19 de setembro para presentar as súas candidaturas e gañar ata 40.000 euros