Canto custa o teu terreo? Esta aplicación dáche a resposta

A Dirección Xeral do Catrastro lanza unha ferramenta que permite consultar información de todos os teus inmobles urbanos e rústicos

Imaxina un sistema no que poidas gardar toda a información dos teus inmobles e que incluso che permita coñecer o valor de cada un deles. Estas tan só son dúas das funcións de Catastro app, a aplicación que acaban de lanzar os ministerios de Facenda e Transformación Dixital. Esta ferramenta de uso persoal permite reunir e personalizar información sobre os teus inmobles, sexan urbanos ou rústicos. Ten catro funcionalidades diferentes que facilitan a visualización das propiedades, a valoración da súa contía, a recepción de avisos catastrais e a localización GPS. Ademais, esta aplicación permite que o usuario engada fotografías, esbozos e anotacións de cada un dos terreos dos que é propietario.

A aplicación da Dirección Xeral do Catastro, que depende do Ministerio de Facenda, permite facilitar a xestión dos terreos por parte dos usuarios. Unha das súas catro funcionalidades permite consultar o valor das terras de cultivo ou aproveitamentos máis representativos en cada zona. Así, ao seleccionar no mapa “Ver valor da terra” e, a continuación, en calquera punto do mapa, a aplicación mostrará os módulos de valor medio (en euros por hectárea) dos produtos inmobiliarios representativos rústicos (cultivos e aproveitamentos) do lugar seleccionado e definidos pola Dirección Xeral do Catastro.

Publicidade

Amais disto, a aplicación permite recibir de forma inmediata avisos catastrais que poidan afectar aos inmobles dos que es titular. Así mesmo, manterate informado no caso de que esteas a tramitar algún procedemento catastral, de maneira que poidas formular alegacións, descargar notificacións pendentes ou achegar a información que soliciten dende o Catrastro. As outras dúas funcionalidades baseánse na xeolocalización das propiedades, que permite debuxar parcelas e gardar información adicional de cada un dos inmobles; así como acceder á descrición catastral e visual as túas propiedades en mapas interactivos detallados.

Co obxectivo de dixitalizar os servizos públicos, os ministerios de Facenda e Transformación Dixital lanzan “unha ferramenta áxil e de fácil acceso” que achegue o Catastro aos cidadáns. Con todo, esta aplicación, xa dispoñibles para descarga tanto en Android como en IOS, é de uso persoal e require de previa identificación a través dos diversos sistemas establecidos como Cl@ve PIN, Cl@ve permanente, certificado electrónico ou, en caso de non dispoñer de credencial electrónica, é posible a identificación introducindo o DNI ou NIE e a referencia catastral do inmoble do que sexas titular, ou ben, solicitar o alta en cl@ve.

Publicidade

3 COMENTÁRIOS

  1. Que pasa co desastre do catastro ?
    Eu teño unha leira que se chama Cerrada da Rega
    e resulta que os do catastro cortaron esa
    cerrada , así , porque ” eu o valgo ” …
    Unha cerrada pequena que cortan sen
    encomendarse a ninguén, pero non se crean que
    para arranxar isto piden non sei cantas cousas…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como será o clima do teu concello dentro de 60 anos? Descúbreo neste mapa

En 60 anos Ourense terá as mesmas condicións climáticas que Extremadura: unha aplicación compara o futuro da túa rexión con outras zonas que na actualidade xa son máis calorosas

Queres saber cal é a flora que predomina no teu concello? Contámoscho aquí

O proxecto de ciencia cidadá Pl@ntNet permite acceder á biodiversidade vexetal existente en cada zona do planeta a través do uso de imaxes

Unha aplicación galega facilita o acceso a contidos culturais a persoas en risco de exclusión

A Xunta, xunto co centro de investigación AtlanTTic da UVigo, lidera o proxecto no que participan socios lusos, polacos e islandeses

Unha aplicación galega para o autocoidado de doentes de Crohn e colite ulcerosa

Vigo é a primeira área sanitaria de España que empregará a ferramenta con pequenos vídeos divulgativos sobre as enfermidades