Alumnos da Politécnica de Lugo gañan un concurso nacional de dirección de proxectos

Os Estudantes do Máster Oficial en Dirección de Proxectos da USC da Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra, Joaquín Abadín, Iván Adrio, Raico Álvarez e Patricia Fernández, proclamáronse campións da fase española da terceira edición do Campionato Internacional en Dirección de Proxectos (iPMC), despois de completar coa puntuación máis alta as probas desenvolvidas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría Agronómica, Alimentaria e de Biosistemas de Seguridad da Universidade Politécnica de Madrid.

Este éxito colleitado pola delegación de estudantes de mestrado no Campus Terra da USC consolida o liderado e a calidade da formación ligada á dirección de proxectos que se imparte na Escola Politécnica Superior de Lugo, que xa en 2016 acadou a vitoria da fase nacional deste certame internacional.

Publicidade

A vitoria clasifica ao equipo da EPS para a fase final deste campionato, que se desenvolverá do 9 ao 11 de xuño en Brijuni (Croacia), onde os estudantes da USC viaxarán de balde, ademais de coas taxas de exame xa aboadas para obter a acreditación da IPMA. Nesta fase final do torneo, a delegación estudantil da EPS deberá medir as súas habilidades e competencias con outros equipos procedentes de Lituania, Finlandia, Croacia e Serbia.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Radiografía do cánnabis en adolescentes galegos: a supervisión familiar disuade o consumo

Un estudo da USC determina que fumar tabaco a diario e encontrarse nun ambiente familiar pouco afectuoso van asociados a un maior risco de consumo de cánnabis entre estudantes

Catro estudantes da ESO galegas presentarán un proxecto na ONU para protexer os mares

A súa proposta, titulada QUITINA, procura dar solución á acumulación de residuos plásticos procedentes das bateas de mexillón

Un cento de persoas participan na Domus nun congreso científico para estudantes

Os catro gañadores do evento poderán gozar dunha estancia de dúas semanas xunto a grupos de investigación da UDC

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica