Planisferios para gozar co ceo nas Illas Atlánticas

 O turismo astronómico é un máis dos moitos atractivos dos que goza o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Despois da súa declaración como destino Starlight, que recoñece aqueles lugares onde o ceo se atopa libre de contaminación lumínica, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta acaba de instalar catro cartas estelares en outros tantos puntos das Illas Atlánticas para que os visitantes teñan unha guía desde a que observar o ceo.

Os catro planisferios, situados no Alto da Campá nas Cíes; na zona de Caniveliñas, en Ons; en Punta Fradiño, en Cortegada; e na Aldea de Sálvora, son unha ferramenta que permitirá aos usuarios identificar cales obxectos celestes permanecen visibles e cales están ocultos no ceo.

Publicidade

O impulso ás actividades que fomenten o turismo astronómico é un dos principais obxectivos que se marca o órgano conservador do parque, de acordó á Carta Europea de Turismo Sustentable. Entre estas iniciativas, destacan as charlas divulgativas, as actividades infantís, os roteiros de fotografía nocturna e as visitas con astrónomos afeccionados, que contaron coa participación de máis de 10.000 persoas durante 2016.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

Unha campaña confirma a ocupación do castro das Cíes dende a época castrexa á Idade Media

O estudo levou a cabo dúas sondaxes na zona que confirmaron a presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos

Un peixe que devora algas acelera o declive dos bosques mariños nas Illas Atlánticas

A desaparición, ligada á presión da saboga e ao cambio climático, deixa xa sen kelp boa parte da costa galega

As Cíes perden biodiversidade: así destrúe o cambio climático as reservas mariñas

O autor do estudo do CSIC sobre as Illas Atlánticas advirte sobre o quentamento das augas e a acidificación como os principais factores de alteración ecolóxica