O Campus Terra reúne 120 investigadores no I Congreso Iberoamericano de Cianotoxinas

V Congreso Ibérico de Cianotoxinas e I Congreso Iberoamericano de Cianotoxinas, un programa organizado polo catedrático do Departamento de Farmacoloxía da USC Luis M. Botana e polo director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, Fernando Cobo, cita ata o mércores na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC uns 120 investigadores procedentes de 15 universidades europeas e iberoamericanas.

A temática deste congreso, que chega á capital luguesa logo de celebrar a pasada edición en Portugal, é ampla e abrangue cuestións relativas á regulación e aos diferentes mecanismos de control de cianotoxinas, a temática de debate nas primeiras intervencións, ata aspectos relativos á ecobioloxía de cianobacterias e aparición de cianotoxinas, toxicoloxía e farmacoloxía de cianotoxinas, risco de presenza de novas toxinas en relación co cambio climático, estratexias de prevención, control e mitigación, avances instrumentais e técnicos no control de cianotoxinas, e mesmo respecto das posibles liñas de investigación sobre este ámbito que se desenvolverán no futuro.

Publicidade

Os temas de debate das distintas sesións nas que se estrutura este congreso, ao que tamén se presentaron 32 pósters científicos nos que se tratan diversos aspectos relacionados coas cianotoxinas, segundo indicou o profesor Luis M. Botana. O co organizador deste congreso xustificou a celebración deste foro científico pola crecente problemática que está a provocar a presenza e concentración de cianotoxinas tanto en auga potable como en encoros de abastecemento. Esta realidade propicia tamén unha maior atención científica sobre este temática, tal e como o proba o elevado número de congresistas, entre os que se atopan moitos novos investigadores, dixo Cobo.

As tres xornadas nas que está estruturado este congreso sobre cianotoxinas mesturan a celebración de relatorios, sesións de debate e presentación de pósters científicos con actividades lúdicas, tal e como o son a visita guiada pola cidade de Lugo prevista para este tarde ou o paseo en catamarán pola Ribeira Sacra, programado para  xornada do martes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias