As organizacións estudiantís nacionalistas acordan a súa unificación

Tras medio ano de consultas e negociacións, as organizacións estudantís Agir, Comités e Liga Estudantil Galega presentaron este martes en Santiago de Compostela o proceso constituínte que van emprender e que dará paso á nova organización estudantil galega que se presentará en marzo. Segundo explican nun comunicado, este é o derradeiro paso cara a unidade das tres entidades nunha “nova organización do estudantado nacionalista galego” que procure un ensino galego, popular, democrático, combativo e feminista.

Este proceso de unidade arrincou a mediados de 2015, cando estas tres organizacións estudantís galegas daban a coñecer o proxecto de unidade orgánica e poñían en marcha as Asembleas de Base. Organizando o estudantado galego, un proceso que tiña como finalidade a constitución dunha nova e única organización estudantil galega. Como explicaban as representantes sindicais en rolda de prensa esta mañá, dende setembro creáronse asembleas de base en toda Galicia para levar a proposta e os obxectivos aos e ás estudantes de todos os recunchos de Galicia, co fin de “animalos a participar e a formar parte do mesmo”. Así, e despois dun cuadrimestre de traballo coas bases e tras varios meses de unidade de acción en xornadas de folga e outras reivindicacións, o proceso constituínte culminará o 6 de marzo na Asemblea Nacional Constituínte, data na que será presentada oficialmente a nova asociación, que como explican os representantes do alumnado, será unha organización “nacional, popular, feminista, asemblearia e combativa”.

Publicidade

No comunicado conxunto feito público polas tres asociacións este martes, tamén perfilan as liñas estratéxicas da nova estrutura estudantil, que pasa por seguir “loitando contra a Estratexia Universitaria e o 3+2, por unha universidade única galega ao servizo das estudantes, e non das grandes empresas; contra a LOMCE e a españolización do alumnado, por un ensino galego, público e de calidade; contra o adoutrinamento e o ensino patriarcal, o feminismo como ferramenta. Desde a futura organización, loitaremos por un ensino ao servizo do pobo e para o pobo”, conclúen.

1 comentario

  1. BEN!!! Por algún sitio tiñamos que empezar, e as mocidades son o xerme do futuro ( e as veces, modelo de sentidiño). Que cunda o exemplo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Radiografía do cánnabis en adolescentes galegos: a supervisión familiar disuade o consumo

Un estudo da USC determina que fumar tabaco a diario e encontrarse nun ambiente familiar pouco afectuoso van asociados a un maior risco de consumo de cánnabis entre estudantes

Catro estudantes da ESO galegas presentarán un proxecto na ONU para protexer os mares

A súa proposta, titulada QUITINA, procura dar solución á acumulación de residuos plásticos procedentes das bateas de mexillón

Un cento de persoas participan na Domus nun congreso científico para estudantes

Os catro gañadores do evento poderán gozar dunha estancia de dúas semanas xunto a grupos de investigación da UDC

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica