O cometa dende a sonda Rosetta

Créditos da imaxe e licenza: ESA, Rosetta, NAVCAM
Créditos da imaxe e licenza: ESA, Rosetta, NAVCAM

Explicación: a sonda espacial Rosetta segue a rodear e cartografar ao cometa Churyumov-Gerasimenko. A nave espacial automática, que atravesou o Sistema Solar interior durante dez anos para chegar á veciñanza do cometa en 2014, continúa a fotografar o estraño núcleo cometario de dous lobos. A imaxe publicada, tirada hai un ano, amosa po e gas que fuxe desde o núcleo do cometa. Aínda que apareza aquí brillante, a superficie do cometa reflicte só un catro por cento da luz visible que lle impacta, facéndoo tan escuro coma o carbón. O cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko abarca uns catro quilómetros de lonxitude e ten unha gravidade superficial tan baixa que un astronauta podería dar un chimpo e despegar desde el. Coa Rosetta a remolque, o cometa 67Ppasou polo punto máis achegado ao Sol o ano pasado e agora está a dirixirse cara o punto máis afastado; xusto ao pasar a órbita de Xúpiter.

Astrofísicos: navega polos máis de 1.200 arquivos da Astrophysics Source Code Library

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo