As informáticas da UDC Verónica Bolón e Susana Ladra, premiadas en Euskadi e Catalunya

As investigadoras recibiron, respectivamente, o premio "Ada Byron joven" da Universidade de Deusto e o Dona TIC da Generalitat catalá

Na semana na que se celebraba o Día de Ada Lovelace-Byron, o pasado 13 de outubro, foron numerosas as iniciativas que conmemoraron a figura da considerada como primeira programadora informática da historia. Ademais do premio outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) a Sabela Ramos, que traballa en Google Research, outras dúas enxeñeiras informáticas da Universidade da Coruña, Susana Ladra e Verónica Bolón, recibiron cadanseu recoñecemento da man de entidades de Euskadi e Cataluña.

A investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) da universidade coruñesa Verónica Bolón Canedo foi galardoada co premio Dona TIC, que outorga a Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, dentro do plan autonómico que ten por obxectivo o fomento das vocacións tecnolóxicas femininas.

Publicidade

Os galardóns Dona TIC recoñecen o talento, emprendemento e empoderamento no ámbito tecnolóxico de oito mulleres procedentes de diversos ámbitos, como son o empresarial, profesional, académico e iniciativas sociais. Así, tamén teñen a finalidade de ofrecer referentes a nenas e mulleres nas disciplinas STEM e a asumir posicións de liderado no sector. As oito galardoadas nesta sexta edición foron seleccionadas entre 85 candidaturas.

Verónica Bolón é doutora en Informática pola UDC, secretaria da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA) e está comprometida co fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas, coordinando o nodo do proxecto Inspira STEAM en A Coruña.

Publicidade

Pola súa parte, Susana Ladra González foi condecorada co premio “Ada Byron joven” que concede a Universidade de Deusto. O galardón, dotado con 1.000 euros, ten o obxectivo de fomentar as vocacións femininas no campo da investigación e o desenvolvemento tecnolóxicos, prestixiar a importancia da tecnoloxía en todos os ámbitos da vida e para o desenvolvemento social, e dar valor ao traballo e logros por parte de mulleres.

Susana Ladra foi recoñecida entre un total de 54 candidaturas pola súa formación, actividade profesional no sector tecnolóxico, implicación en difusión social, capacidade de superación e participación en iniciativas para propiciar cambios cara unha maior igualdade.

Ademais de investigadora do CITIC, Susana Ladra é directora do Campus Innova da UDC e vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG). Tamén é coordinadora do programa STEMbach na UDC, que ten como fin de promover a vocación do alumnado cara a investigación científica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

A investigadora da UDC Itziar Sobrino acada unha Starting Grant para investigar en dereito ambiental

A galardoada estudará as causas polas que determinadas obrigas se aplican de maneira efectiva mentres que outras se debilitan ou se aplican parcialmente