As causas dos lumes forestais, a debate en Lugo

Os Encontros de Lúa Chea, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego, celebra este mércores 25 de setembro, a partir das 19.00 horas, a primeira sesión do novo curso académico, un debate informal que se desenvolverá na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo, baixo o título ‘Os incendios por que arde o monte e que facemos?’.

A elección da temática desta primeira sesión de debate informal programada no marco dos Encontros de Lúa Chea responde un pouco á conxuntura actual e que, como cada outono, deparan os casos de lumes forestais en Galicia.  Daquela, logo dos últimos casos rexistrados, o colectivo Proxéctate en Galego entende que este momento é acaído para abordar esta problemática, sobre a que tratará o profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC e investigador do grupo Economía Agraria e Social (Ecoagrasoc) Edelmiro López Iglesias.

Publicidade

A participación nesta sesión de análise e debate é libre e de balde para todas as persoas interesadas, que tamén terán a oportunidade de compartir uns petiscos na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior