A investigadora da USC Andrea Muras, finalista de FameLab

Participará na final do 14 de maio en Madrid grazas ao seu monólogo sobre a comunicación bacteriana, a placa dental e as enfermidades orais

A estudante de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela Andrea Muras Mora, do grupo Aquabiotec do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, foi seleccionada como finalista do concurso de monólogos científicos FameLab organizado pola FEYCIT, o British Council e Obra Social “la Caixa”.

A semifinal tivo lugar esta fin de semana en Sevilla, e nela participou Andrea xunto con outros 11 participantes, seleccionados de entre máis de 70. O seu monólogo ‘Las bacterias de mi boca’ trata da comunicación bacteriana, a placa dental e as enfermidades orais, tema da súa tese de doutoramento, que tamén foi recoñecido en 2016 nos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia da Real Academia Galega de Ciencias.

Publicidade

A final, con só oito participantes, terá lugar en Madrid o 14 de maio e o gañador ou gañadora representará a España na competición internacional que se celebrará en xuño durante o festival de ciencia de Cheltenham (Reino Unido).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

Por que o inverno meteorolóxico empeza o 1 de decembro e o astronómico o 21?

A AEMET explica as razóns polas que as estacións definidas polo clima seguen un criterio fixo diferente ao marcado pola órbita terrestre