O bólido máis brillante do ano pasou sobre Galicia o 30 de marzo

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC detectou no serán un bólido que chegou a brillar cunha magnitude semellante á Lúa chea

No serán do pasado 30 de marzo, aínda que non moita xente deu conta del, sobre Galicia pasou o que ata agora é o bólido máis brillante do que se tivo noticia en 2019. Pola magnitude absoluta que acadou (-13, segundo os datos da Rede Estatal de Investigación de Bólidos e Meteoritos) chegou a brillar cun nivel semelante ao da Lúa Chea. 

O corpo celeste, que desprendeu unha gran luz ao rozar coa atmosfera, fíxose visible ás 20.46 horas, segundo informa José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, cuxas cámaras captaron, tal e como se pode ver baixo estas liñas, o paso do brillante bólido.

Imaxes do bólido captadas pola cámara do Observatorio Ramón María Aller.
Imaxes do bólido captadas pola cámara do Observatorio Ramón María Aller.

Posible meteorito

En palabras de Docobo, o bólido foi “extremadamente luminoso” e puido verse en Galicia, Castilla y León e no norte de Portugal. Subliña tamén o docente da USC que “incluso unha das cámaras da rede española detectouno en Madrid contra o horizonte noroeste”.

Pola traxectoria que seguiu, o bólido “trasladouse desde o nor-noroeste cara ao sur-sureste”, indica Docobo. Debido ao seu tamaño e brillo, é posible que chegara a xerar un meteorito que, de terse producido, puido caer en terra firme. “Aínda está sendo estudado, e estase investigando a súa traxectoria atmosférica para averiguar se deixou meteoritos, pero non é descartable que se descompuxera totalmente no paso atmosférico”, subliña Docobo.

Publicidade

Cómpre subliñar, segundo indica Docobo, a diferenza entre meteorito, bólido e meteoroide. O meteorito é a pedra atopada no solo, mentres que a pedra cósmica que se move arredor do Sol é meteoroide, e cando este corpo penetra na atmosfera prodúcese o efecto coñecido como bólido que, se chega á superficie, dá lugar ao meteorito.

1 comentario

  1. Hola
    eu si vi esa luz e se dia e sobre esa hora cando viña no coche pola carretera de outes direccion muros (pola carretera nova) o chegar a altura de lagoasan cosme) e comenteino ese dia cos ke viñan no coche conmigo pero como no viron tomaronme a risa

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O inverno boreal comeza este domingo: a estación máis curta do hemisferio norte

O 21 de decembro, ás 16:03 horas, comezará o solsticio, nunha xornada con pouco máis de nove horas de luz solar na latitude galega

Bólido ou avión? O misterio do falso meteoro que cruzou o ceo da Coruña

Un artigo asinado por varios autores, entre eles o astrofísico Josep M. Trigo, introduce o termo "pseudobólidos" para englobar aqueles fenómenos que aparentan ser fragmentos de asteroides

O ceo énchese de luz: un novo bólido ilumina a noite en Galicia

O meteoro especialmente brillante foi avistado dende cidades como Vigo, Santiago ou Ourense, nunha xornada na que se rexistrou unha elevada actividade destes obxectos astronómicos na península

A primeira astrónoma galega, Antonia Ferrín Moreiras, dá nome a un asteroide

A Unión Astronómica Internacional homenaxea a primeira doutora da disciplina en España