Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Un enorme bólido cruzou o ceo de Galicia o pasado sábado ás 22.09 horas. A espectacular bóla de lume procedía da chuvia de estrelas delta-leónidas e púidose ver fronte ás costas de Lugo e Luarca, en Asturias. “Comenzou a uns 100 quilómetros de altura e adentrouse no mar Cantábrico”, explica o astrónomo Josep M. Trigo, coordinador da Rede de Investigación de Bólidos e Meteoritos (SPMN-CSIC). Este bólido é o segundo en apenas dúas semanas, despois de que o domingo 17 de febreiro outra enorme bóla de lume causase expectación pola súa enorme estela, que se puido ver fundamentalmente no sur de Galicia e no norte de Portugal.

O bólido que se puido ver a pasada fin de semana “sorprendeu a decenas de observadores” fronte á costa de Lugo, segundo explica Trigo na canle de X (antes Twitter) da SPMN. Malia que o fenómeno tivo testemuñas directas da súa caída sobre o Cantábrico, a certificación visual achegouna a estación de Navianos de Valverde, situada en Zamora. Dirixida polo astrofotógrafo Miguel A. Furones, as cámaras captaron un vídeo de 11 segundos onde se aprecia claramente a aparición da bóla de lume e a súa progresiva desintegración.

Publicidade

Segundo a principal hipótese que baralla a SPMN, este último bólido procede das delta-leónidas, unha chuvia de estrelas cuxa actividade se estende dende mediados de febreiro ata as primeiras semanas de marzo. Amais de ser visto fronte ás costas de Galicia e Asturias, o rango de observación deste bólido incluíu seis comunidades autónomas máis, segundo confirman dende a SPMN: Andalucía, Aragón, Madrid, Valencia, Estremadura e Murcia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos