A Academia de Ciencias convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de novembro

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022, distincións destinadas a promover e recoñecer a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento de matemáticas, física e da ciencias da computación, química e xeoloxía, bioloxía e ciencias da saúde, ciencias técnicas ou ciencias económicas e sociais, todas elas integradas na RAGC.

Nesta trixésimo segunda edición concederanse premios en dúas categorías: a un traballo de investigación realizado por investigadores sénior, dotado con 6.000 euros e un diploma acreditativo; e un premio para incentivar a promoción de mozos investigadores menores de 30 anos, dotado con 2.000 euros e un diploma acreditativo. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 4 de novembro. Poderanse conceder mencións especiais ou declararse desertos. 

Publicidade

Segundo as bases da convocatoria, poderán concorrer todas as persoas investigadoras que presenten un traballo realizado total ou parcialmente en universidades e centros de investigación de Galicia. Os traballos tratarán sobre temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas xa mencionadas das seccións da Academia. No caso do premio dun traballo de investigación, polo menos un dos autores deberá ser doutor. O traballo pode ser inédito, estar xa publicado ou aceptado para a súa publicación con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022. 

Só se poderá concorrer a unha das dúas modalidades e presentarase unha única candidatura por solicitante. O xurado estará composto por sete membros, cinco deles pertencentes a cada unha das seccións da Academia. 

Publicidade


Podes consultar as bases na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento