Aberto ata o 14 de xuño o prazo dos Premios de Investigación da RAGC

A Academia entrega dúas modalidades; unha ao mellor traballo de investigación e outro á promoción de investigadores menores de 30 anos

Un ano máis, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), convocou os Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2019, nas súas dúas modalidades de Premio ao mellor Traballo de Investigación, dotado con 6000 euros, e o premio á Promoción de  Investigadores Mozos, menores de 30 anos, dotado con 2000 euros. O prazo da convocatoria finaliza ás 13.00 horas do 14 de Xuño de 2019.

Os premios teñen como principal obxectivo producir impacto na sociedade galega e sensibilizala sobre o valor socioeconómico do coñecemento, á vez que recoñecer e estimular o traballo dos investigadores.

Publicidade

Segundo indican as bases (ver PDF), poderán presentarse traballos realizados total ou parcialmente en universidades e noutros centros de investigación de Galicia. Os traballos tratarán sobre temas ou aspectos relacionados coas áreas de Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas ou Ciencias Técnicas.

Nas dúas modalidades, poderanse presentar traballos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2019, traballos aceptados para a súa publicación ou traballos inéditos. En todos os casos os traballos adoptarán a forma utilizada para publicacións en revistas científicas. Non poderán presentarse traballos que obtivesen premios de características análogas a estes ou se atopen concorrendo a eles. Aqueles traballos que resulten gañadores ou ben reciban unha mención especial, non poderán concorrer a ningún outro premio de características análogas a estes ata o momento en que se proceda ao acto público de entrega dos premios e mencións.

Publicidade

No caso do Premio de Investigación, polo menos un dos autores deberá estar en posesión do título de Doutor. O Premio para Promoción de Mozos Investigadores poderá ser solicitado unicamente por investigadores que aínda non cumprisen os 30 anos o día que finaliza o prazo da convocatoria e que dispoñan da pertinente autorización dos restantes autores, se os houbese, no caso de traballos xa publicados ou aceptados para a súa publicación. Só se poderá optar a un dos dous premios convocados. Os Académicos Numerarios e Correspondentes da Real Academia Galega de Ciencias non poderán participar no concurso.

Desde 2014, estes galardóns de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias chámanse Premios de Investigación Ernesto Viéitez, en recordo de quen fora segundo Presidente da Academia.

O formulario para a inscripción pode atoparse na páxina web da Academia, en formato PDF, nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento