A Xunta publica o novo mapa das zonas de baño de Galicia: estas son as 42 praias non aptas

A Coruña é a provincia con máis áreas nas que está prohibido mergullarse, como no areal urbano da Virxe do Camiño, no concello de Muros

Tan só quedan dúas semanas para que dea comezo a temporada oficial de baño, que comeza o 1 de xuño e se estenderá ata o 30 de setembro. Independentemente do tempo que vaia, as praias galegas están listas para darlle a benvida aos primeiros bañistas da tempada. Non obstante, 42 delas non son aptas para mergullarse. Así o constata a última actualización do Rexistro de Augas de Baño de Galicia, publicado este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG). Entre elas, a praia urbana da Virxe do Camiño (Muros) e o encoro das Conchas (Lobeira), cuxa contaminación recorrente —atribuída ao sector gandeiro— chegou incluso aos tribunais.

Por pronvicias, A Coruña é a que rexistra o maior número de zonas nas que está prohibido permanentemente o baño: un total de 16 praias. Séguea Lugo, con 13; Ourense, con 7; e Pontevedra, con 6. Ademais, o 67% das áreas non aptas para o baño son continentais ou fluviais, mentres que o 23% restante correspóndense con praias marítimas. En relación ao censo de 2025, hai cinco zonas máis nas que está prohibido mergullarse debido á calidade insuficiente das augas.

Publicidade

Segundo explican dende a Xunta, o uso recreativo das zonas de baño pode derivar en riscos para a saúde. Para iso, a Dirección Xeral de Saúde Pública realiza mostraxes periódicas para analizar a contaminación bacteriana das augas, que pode causar gastroenterite ou enfermidades respiratorias naqueles bañistas que se mergullen en zonas afectadas. “Aínda que estas enfermidades raramente son graves, o número de persoas expostas pode ser elevado debido á importante afluencia que rexistran as praias, os ríos e as lagoas”, sinalan fontes da Consellería de Sanidade.

O rexistro galego ten censadas 506 praias e, segundo trasladan dende a Xunta, o 97,7% contan con “calidade excelente ou boa”. Entre as novidades desta tempada, inclúese por primeira vez o río Madalena, en Vilalba; o río Bubal-Vilaza, en Monterrei; e o río Miño Eiras, no Rosal, así como as zonas de baño do Muíño das Aceñas e de Tamuxe no río do mesmo nome.

Publicidade

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro