A UVigo convoca un concurso fotográfico sobre os microplásticos no mar

No noso día a día estamos rodeados de plásticos: bolsas, botellas, bolígrafos e embalaxes son parte desta lista interminable. Non obstante, usamos outros diariamente, os chamados microplásticos, que están presentes no xabón, na pasta dentífrica ou nos exfoliantes e que presentan un grave problema para os océanos e para nós mesmos xa que van polo sumidoiro e a maioría remata no mar. Co obxectivo de investigar os efectos tóxicos dos microplásticos nos organismos mariños o proxecto europeo Ephemare – Ecotoxicological effects of microplastics in marine ecosystems –, do que a Universidade de Vigo é o socio principal, convoca o Impact 2017, un concurso internacional de fotografía que busca darlle visibilidade á problemática dos microplásticos no medio mariño.

A través desta convocatoria quérese concienciar ao estudantado sobre o grave problema que representan estes residuos nas nosas augas e, deste modo, facelo partícipe e coñecedor dos efectos negativos que, tanto para os océanos como para o ser humano, teñen. No concurso poderán participar todas as persoas que estuden nas universidades de España, Francia, Alemaña, Portugal, Bélxica, Suecia, Noruega e Irlanda que traballan en Ephemare e o único requisito é usar a fotografía como medio para expresar o propio punto de vista sobre este problema. Ao certame poderán concorrer todos os formatos de fotografía e tamén se poderán usar ferramentas para mellorar a imaxe.

Publicidade

As persoas interesadas en participar no concurso deberán rexistrarse por correo electrónico na seguinte dirección elle.macmahon@ucc.ie antes do 28 de abril. O prazo de presentación das fotos estará aberto ata o 31 de maio e o 12 de xuño anunciaranse as gañadoras e gañadores. Na presentación online da peza deberase declarar que non se empregou material con dereitos de autor e que concede os dereitos da fotografía a Ephemare para o seu uso.

As obras finais deben entregarse en alta resolución, adecuada para imprimir nun tamaño máximo de A2, cun mínimo de 300 puntos por polgadas e en formato PNG. Os galardóns que se outorgarán para as tres fotos gañadoras constan de tres achegas económicas: 500€ para o primeiro premio e 250€ para o segundo e o terceiro. Ademais as imaxes gañadoras estarán expostas nunha das reunións do proxecto.

Para outorgar os premios as obras presentadas serán avaliadas e cualificadas segundo os seguintes criterios: a adecuación ao tema; que se comunique de maneira clara e científica a mensaxe e que a imaxe que se tente transmitir sexa relevante e de impacto. Tamén se valorará a creatividade e a orixinalidade en xeral da obra enviada e a calidade da presentación en termos artísticos e visuais. A elección das tres fotos gañadoras será decisión dun xurado e dunha votación pública.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego demostra os efectos negativos do eucalipto nos ecosistemas fluviais

O estudo da UVigo constata que a diversidade de especies nos regatos diminúe naqueles lugares rodeados das árbores oriúndas de Australia

Ter un peso adecuado pode ser máis importante que facer exercicio para evitar o risco de cancro

Un estudo da UVigo apunta a que a actividade física sería insuficiente para contrarrestar os efectos negativos de ter sobrepeso ou obesidade

O investigador Jordi Borràs gaña o Premio atlanTTic á mellor tese de doutoramento

O experto da Universitat Politècnica de Catalunya propón un esquema innovador para reducir as interferencias nas comunicacións sen fíos

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía