A Universidade de Santiago amortizará débeda coa venda da vello hospital de Galeras

O Consello de Goberno da USC aprobou este martes por unanimidade destinar os 3.597.805 euros do primeiro prazo da venda do vello hospital de Galeras a amortizar dun xeito inmediato parte da débeda contraída co Estado coa fin de ter maior posibilidade financeira para a construción da nova facultade cando chegue o momento do investimento real.

Segundo o aprobado hoxe, amortizaranse anticipos reintegrables facilitados polo Ministerio de Economía e Competitividade para completar o co financiamento esixido por actuacións subvencionadas polo FEDER e que a USC aprazou no seu Plan Económico Financeiro de Reequilibrio.

Publicidade

En concreto, cancelaranse os préstamos que había que devolver en 2015 e cuxo pagamento estaba aprazado ata 2018 por importe de 2.067.506,53 euros; parte dos aprazados dende 2016 a 2019 por 1.153.746,45 euros; e 127.335,09 dos que se solicitou aprazamento en 2016 e non foi autorizado. Redúcese así a débeda por anticipos en 3.348.588,07 euros, situándose o total desta en 10,5 millóns.

Por outra banda, na mesma sesión deste órgano de goberno, o reitor informou de que recentemente lle manifestou á CRUE a súa condena ante a acusación de plaxio ao ata agora reitor da Universidade Rey Juan Carlos por consideralo “un delito moi grave no ámbito académico”, un pronunciamento ao que hoxe se sumou o Consello de Goberno da USC.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía