A universidade compostelá inaugura a exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’

Con motivo da candidatura do Códice Calixtino para a súa inclusión no Rexistro Internacional da Memoria do Mundo da UNESCO, Turismo de Galicia leva á Igrexa da Universidade, en colaboración coa USC, a exposición Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago.

A mostra inaugúrase este mércores 14 ás 13.00 horas nun acto no que participarán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores Álvarez, e o director xerente de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez.

Publicidade

Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago poderá visitarse de luns a sábado (excepto festivos) ata o 3 de novembro de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas.

Cara a 1120-1124 Diego Gelmírez, primeiro arcebispo de Santiago de Compostela, ordena a un grupo de teólogos e ilustradores a compilación doIacobus ou Libro de Santiago. Esa compilación recibe o nome de ‘Calixtino’ polo interese en simular que o seu redactor fora o papa Calixto II (1116-1124), gran benefactor da Igrexa de Santiago. En séculos seguintes realízanse varias copias completas ou parciais do códice, que reúne a historia da peregrinación a Compostela.

Publicidade

Ademais de varias láminas orixinais do artista Francisco Leiro, que forman parte da primeira versión completa do ‘Calixtino’ en lingua galega, a exposición mostra unha serie de fotografías actuais do camiño de Santiago de artistas como Luis Gabú, Santy López, Manuel Valcárcel, Margen Fotografía, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach, que ilustran a vixencia unha serie de textos orixinais do Liber Sancti Iacobi. Trátase, pois, dunha perfecta maridaxe entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación compostelá no XXI.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais

Cando a luz é máis que arte: iluminar para conservar o patrimonio de Santiago

Un estudo da USC confirma a eficacia dun novo sistema de iluminación ornamental, en cores ámbar e verde, para a conservación da arquitectura en pedra

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval