“A ti págache Monsanto”: conferencia escéptica en Santiago

A farmacéutica e divulgadora Gemma del Caño falará esta noite ás 21 horas no café Airas Nunes sobre as supostas conspiracións das grandes industrias

Como cada último venres de mes, o ciclo Escépticos no Pub ten unha cita en Santiago de Compostela. O café Airas Nunes acolle esta noite ás 21 horas unha charla que levará por título “A ti págache Monsanto”, na que falará a farmacéutica e divulgadora Gemma del Caño. O título “é unha chiscadela á realidade que sufrimos os que baseamos os nosos argumentos en datos científicos e obxectivos”, explican desde o colectivo. “Pero non uns datos calquera, non, son uns datos que avalan avances xerados pola industria farmacéutica ou alimentaria aos que certos grupos temen tanto como odian; desenmascararemos aos Imperios, contaremos a verdade destas industrias… E de quen di que o obxectivo dos avances da ciencia é acabar connosco. Poderiamos pensar en que teñen razón… Agás que como cadramos iso coa esperanza de vida máis alta da historia. Pero non vos fiedes de min, que me paga Monsanto”, explican desde a entidade.

Gemma del Caño é licenciada en farmacia, especialidade en I+D e industria. Máster en biotecnoloxía e innovación. Auditora de seguridade alimentaria. Traballou como responsábel de I+D na industria alimentaria e agora no departamento de calidade. É profesora no máster de biotecnoloxía, innovación e seguridade alimentaria da UEMC e no título propio de cociña industrial de Vitartis coa UEMC. É autora do blog Farmagemma e Cartas desde el Imperio. Colaboradora da plataforma de divulgación Naukas. Participa no programa de televisión Viva la Vida, na plataforma Salud sin bulos e no blog de Antena 3 Novalife

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’