A Real Sociedade de Química recoñece ao profesor Enrique Guitián

O catedrático de Química Orgánica da USC Enrique Guitián acaba de conseguir o premio da Real Sociedade Española de Química 2019 en recoñecemento a unha carreira distinguida. O galardón, que comparte con Mª Ángeles Monge Bravo, do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid, concédeselle a membros da entidade con traxectorias científicas brillantes e sostidas no tempo.

Enrique Guitián realizou a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago no campo da síntese de produtos naturais baixo a dirección dos profesores Castedo, Suau e Saa. Realizou unha estadía posdoutoral na Universidade de Hannover na que traballou na síntese enantioselectiva de alcaloides indólicos no grupo de investigación do profesor Winterfeldt. Director de máis de 20 teses de doutoramento, conta cun cento de publicacións en revistas científicas de referencia.

Publicidade

As súas áreas de investigación céntranse na química de arinos, a síntese de produtos naturais, as reaccións pericíclicas, a catálise organometálica e os materiais moleculares. Na actualidade é investigador principal do grupo Catálise Organometálica e Materiais Moleculares Orgánicos, especializado no desenvolvemento de novas metodoloxías sintéticas, o estudo da química de arinos e a preparación de grandes moléculas aromáticas e nanografenos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

O investigador Cristóbal Pérez súmase ao CiQUS para impulsar a espectroscopía molecular

O científico ten unha traxectoria recoñecida a nivel internacional no deseño e aplicación de instrumentación avanzada para estudar a estrutura e dinámica de sistemas moleculares complexos