Efervesciencia convoca o obradoiro ‘Comunicar ciencia na radio’

Efervesciencia organiza unha nova edición do seu obradoiro “Comunicar ciencia na radio” dirixido investigadores, tecnólogos, innovadores,… O obradoiro terá lugar nos estudios da radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o venres 29 de marzo pola tarde. As prazas son moi limitadas, a inscrición pode facerse neste formulario.

O obradoiro “Comunicar ciencia na radio“, dirixido por Manuel Vicente, director do programa Efervesciencia, que é unha referencia na divulgación científica en Galicia, enmárcase dentro do proxecto “Efervesciencia 18” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

Catro de cada dez galegos cren que os gobernos crean virus para controlar a súa liberdade

Tres de cada catro cidadáns confía na investigación científica, pero o número de escépticos aumenta en liña coa dinámica mundial

O programa de Maiores da UVigo retoma as charlas abertas en Vigo, Ourense e Pontevedra

O alumnado do programa cambia as aulas por cafetarías para compartir uns minutos ‘de ciencia e vida’