A RAGC homenaxea cunha placa a Manuel Colmeiro, Científico Galego do Ano 2023

O acto terá lugar o vindeiro luns no Parque das Ciencias ás 12:30 horas, ao que asistirá a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) conclúe os actos de homenaxe ao economista Manuel Colmeiro y Penido, “Científico Galego 2023”. Será este luns ás 12:30 horas coa colocación dunha placa na súa memoria no Parque das Ciencias de Santiago, onde a Academia xa ten homenaxeado a outros científicos ilustres da nosa comunidade. O acto contará coa asistencia da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; Xan Duro, concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais; xunto a Olaya Otero e José Antonio Constenla, do Grupo Municipal do Partido Popular. Por parte da RAGC, participará o seu presidente, Juan Lema; e os académicos Manuel Freire, José Rivas, Senén Barro, Juan José Nieto e José Ramón Cancelo.

Manuel Colmeiro y Penido (Santiago de Compostela, 1818 – Madrid, 1894) foi un dos mellores expertos españois do século XIX nos campos da Economía, Dereito Administrativo e Dereito Político, destacando ademais a súa dedicación á Historia. Desde a RAGC salientan que “non só foi un académico sobresaínte, polifacético, fecundo e recoñecido, cunha obra que influenciou a múltiples economistas, xuristas e historiadores. Foi tamén unha forza de cambio económico e social en Galicia e España”.

Publicidade

Colmeiro naceu e viviu na cidade de Santiago case trinta anos, ata que marchou para Madrid. Na capital galega foi socio de mérito da Real Sociedad Económica de Amigos del País, onde formou parte de comisións que traballaron na reforma de pesos e medidas e o sistema monetario español, na renda do sal e nos estudos preliminares para establecer unha fábrica de sedas e algodóns na cidade. En Compostela tamén foi membro da Xunta Municipal de Beneficencia, na que deixou a súa pegada na comisión encargada de promover a construción de estradas na provincia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

Tres científicos e dúas científicas de USC e UVigo reciben as Medallas de Investigación

Os premios da Real Academia Galega de Ciencias recoñecen a Mabel Loza, Sebastian Villasante, Leandro Alejano, Rosa Crujeiras e Francisco Rivadulla