A letra Times, as bases da risa e a banda deseñada galega, na derradeira NerdNite do ano

A orixe da letra Times New Roman, as bases neurolóxicas da risa e do humor e a banda deseñada galega serán os temas que tres especialistas explicarán, sempre dende unha perspectiva amena e desenfadada, este martes 20 na última sesión do ano das Nerd Nites SCQ.

Esta ocasión, a partir das 21.30 horas no Café Casino de Santiago, intervirá a historiadora e socia fundadora da empresa Dehistoria, María del Pilar Rodríguez Suárez; o xefe de Sección do Servizo de Neuroloxía do CHUS, Manuel Arias Gómez; e o xornalista Germán Ermida Castro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais

Cando a luz é máis que arte: iluminar para conservar o patrimonio de Santiago

Un estudo da USC confirma a eficacia dun novo sistema de iluminación ornamental, en cores ámbar e verde, para a conservación da arquitectura en pedra