A esquecida historia da torre de Torés, derrubada polo temporal tras anos de advertencias

O colapso da fortaleza medieval das Nogais reaviva as advertencias polo súa avanzada deterioración e o perigo da contorna

O tempo das últimas semanas, caracterizado por fortes temporais, non só afecta ás persoas, senón tamén ao patrimonio. O mércores 4 de febreiro, o paso da borrasca Leonardo propiciou un desprendemento na torre de Torés, unha fortaleza medieval do século XVI situada no concello lucense das Nogais e propiedade da Casa de Medinaceli. Con todo, á meteoroloxía súmase o mal estado da edificación, que xa experimentou este tipo de incidentes con anterioridade.

Patrimonio dos Ancares e a Asociación Val de Torés sinalan que levan un tempo advertindo ao alcalde e a Patrimonio do pésimo estado deste Ben de Interese Cultural (BIC). Agora, co seu derrubamento, advírtese do risco que supón achegarse á zona, onde poderían producirse novos desprendementos.

Publicidade

Trátase dun dos monumentos máis representativos da arquitectura defensiva dos Ancares. A cultura popular di que foi construída pola raíña Lupa, quen decidiu fundala como símbolo da súa fe tras converterse ao cristianismo. A súa propiedade pasou da familia nobre dos Torés aos Ribadeneira e os Bolaño, quen posuíron a torre ata o XVII. A pesar do seu estado ruinoso, antes do desprendemento podía distinguirse a súa altura e, no interior, as diferentes plantas da estrutura orixinal.

Outras torres galegas en risco

Este ben do patrimonio lucense non é o único que está en perigo polo seu estado. A Lista Vermella de Hispania Nostra promove a defensa, conversación e posta en valor daqueles monumentos en risco de desaparición, destrución ou deterioración grave. O pasado agosto, a torre-fortaleza de Burón (A Fonsagrada) entrou na listaxe: só conserva dous lenzos íntegros e parte dos seus muros. Este BIC atópase nunha situación delicada a causa dos derrubamentos no cuarto piso, a invasión da vexetación e as fendas que separan as pedras. A iniciativa alerta do seu grave perigo de desaparición.

Publicidade

A Torre-Fortaleza de Burón. Foto: Hispania Nostra.
A Torre-Fortaleza de Burón. Foto: Hispania Nostra.

Nunha situación semellante está o pazo e a torre de Guimarei, declarados tamén Bens de Interese Cultural. Situada na Estrada, incluíuse na lista en 2016, e dez anos despois aínda non saíu dela. Datada da Idade Media, atópase en proceso de ruína, cuberta de vexetación.

Pazo e torre de Guimarei. Foto: Galicia Máxica
Pazo e torre de Guimarei. Foto: Galicia Máxica
Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A USC deseña un sistema pioneiro de monitorización da humidade en cultivos de mosca soldado negra

O proxecto desenvolve un modelo que permita aumentar a produción de proteínas, graxas e fertilizante de forma máis eficiente e sostible

Científicos galegos lideran o primeiro estudo español para predicir risco personalizado de cancro de mama

O proxecto MamoRisk recabará datos de 10.000 mulleres seleccionadas aleatoriamente entre participantes nos programas de cribado de 14 comunidades autónomas

Que é o verme soldado? A gran praga que ameaza os cultivos de millo en Galicia

A Consellería do Medio Rural advirte a agricultores e gandeiros sobre o risco das plantacións en concellos como Mazaricos e A Baña

O método REPAG: como transformar os subprodutos de pataca nas proteínas alimentarias do futuro

O Centro Tecnolóxico galego desenvolve un proceso sostible e innovador para converter restos do procesado industrial en ingredientes de alto valor engadido para consumo humano