A catedrática da USC Ángeles Luengo, premio Sociedade Española de Criminoloxía

A catedrática de Psicoloxía clínica da USC María Ángeles Luengo vén de ser distinguida co Premio Sociedade Española de Investigación en Criminoloxía, un galardón que recolleu este venres en Barcelona no marco da XI Congreso Español de Criminoloxía ‘Abrindo vías de reinserción’, organizado pola Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e o Centro de Estudos Xurídicos e Formación Especializada (Ceife).

Agradecida á Sociedade Española de Investigación en Criminoloxía (SEIC) por un recoñecemento que fixo extensible a todas as persoas que a acompañaron no seu traballo diario ata a súa recente xubilación, María Ángeles Luengo, destacou na súa intervención a importancia e o avance da investigación realizada na área da Criminoloxía en España nos últimos anos, a pesar de tratarse dunha área de coñecemento relativamente nova no ámbito das ciencias sociais. Aínda así, dixo, “a Criminoloxía deixou de ser algo vocacional para transformarse nunha área importante do coñecemento científico e está a madurar e reafirmarse no eido académico”.

Publicidade

A psicóloga clínica ten unha enorme experiencia traballando con delincuentes moi perigosos

Logo de lembrar que a súa relación coa criminoloxía comezou hai xa preto de catro décadas no  Centro de Menores de Rábade (Lugo), onde tivo a oportunidade de convivir con adolescentes en conflito social, todos amigos del ‘Vaquilla’ e considerados moi perigosos, María Ángeles Luengo fixo un alegato a prol da defensa do interese da Criminoloxía, unha área de investigación cuxo obxectivo é o estudo da delincuencia, a súa prevención e tratamento en aras a acadar un beneficio real para a sociedade.

Luengo defendeu asemade a necesidade de avanzar na transferencia de resultados da investigación á práctica do sistema xudicial do sistema social. Avogou neste senso pola substitución de penas por medidas de reparación e de tratamento,  e porque a prevención do delito e da reincidencia, ademais da reinserción social, constitúan o eixe central do funcionamento do sistema lega, policial e xudicial.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

Ler é un pasatempo… ou moito máis?

A lectura destaca por activar procesos cognitivos específicos que, especialmente cando o cerebro se está desenvolvendo, poden marcar diferenzas importantes na idade adulta

De verdade fomos máis felices en 2016? A ciencia detrás da última tendencia en redes

Os recordos cargados de emoción consolídanse mellor que os neutros, pero co tempo ocorre algo curioso: moitas experiencias negativas perden forza

O impacto emocional do accidente de Adamuz: “Unha catástrofe deste nivel sacode toda a sociedade”

Os expertos sinalan a importancia da intervención psicolóxica temperá ante os síntomas de ansiedade e estrés agudo das vítimas e familiares