A Cátedra do Pan bota a andar cun primeiro curso profesional en Lugo

A Cátedra do Pan e do Cereal da USC botou a andar este xoves na Facultade de Veterinaria do Campus Terra o primeiro panel profesional de catadores de pan, un equipo formado por dez persoas e instruído previamente para a determinación das características organolépticas deste produto que comezou onte a esbozar e homoxeneizar a terminoloxía que servirá para definir os diferentes rasgos e propiedades sensoriais deste produto alimenticio.

A catedrática da Área de Tecnoloxía de Alimentos da USC e directora da Cátedra do Pan e do Cereal da USC, Ángeles Romero, foi a encargada de guiar esta primeira sesión do panel profesional de cata de pan no marco dunha xornada na que tamén participou o xerente de Panadería Da Cunha, Manuel Da Cunha, ademais de Belén García Gómez, quen se ocupou de labores de intendencia e organización.

Publicidade

Manuel Da Cunha, que achegou aos catadores distintos tipo de pan de produción artesanal elaborados e comercializados por Panadería da Cunha, abriu a sesión cunha breve indicación relativa ás características dos catro tipos de pan (moño, raíña, chapata e viaxeiro) sometidos a análise por parte dos elenco de catadores/as e que logo serán contrastadas cos resultados emitidos polos integrantes do panel de catadores.

O obxectivo deste primeiro panel profesional de catadores de pan pasa por elaborar unha ficha de cata o máis versátil posible, segundo indicou Ángeles Romero. A directora da Cátedra do Pan e do Cereal da USC sinalou, sen embargo, que esta primeira sesión, durante a que se avanzou na consensuación da terminoloxía a acaída para empregar na futura fixa de cata de pan completarse con novas xornadas nos que as persoas que integran este panel de cata afondarán nas análises da diferente tipoloxía de pan galego.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe