A Academia honra o papel dos científicos en Galicia ante a Covid-19

A RAGC renderá o seu recoñecemento a 21 grupos de investigación do país nun acto no Colexio Fonseca este mércores 22 de xullo

A pandemia do coronavirus SARS-CoV-2 puxo de relevo o importante papel da ciencia para salvagardar a saúde da humanidade. A carreira pola vacina, por un tratamento efectivo, para controlar a expansión da doenza ou frear os brotes son fitos científicos na loita contra este novo patóxeno.

Tamén en Galicia os investigadores seguen a xogar un papel determinante neste traballo. Así que a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) quere “salientar a capacidade de resposta da Ciencia con Galicia fronte á crise da covid-19 e amosar á Sociedade o grao de implicación das nosas investigadoras e investigadores”.

Publicidade

E, para iso, celebrará este mércores 22 de xullo, ás 19h, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, un acto de recoñecemento ao traballo de 21 grupos de investigación galegos.

O aforo está limitado por mor da pandemia, pero se pode acceder tamén virtualmente ao acto premendo nesta ligazón.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro