Venres 26 Abril 2024

Chega o espectáculo da choiva de estrelas das Delta Acuáridas

A proximidade da Lúa chea dificultará este ano a observación dos meteoros provocados polos refugallos do cometa 96 p-Machholz

O verán é tempo de lecer e de disfrutar da vida ao aire libre. Tamén das noites e, con elas, do espectáculo das choivas de estrelas. A máis importante será a das Perseidas, para a que aínda haberá que esperar algunhas semanas para o seu apoxeo. Pero xa están connosco as Delta Acuáridas, que poden divisarse con atención desde o 12 de xullo, pero o seu momento de maior actividade chegará o 30 de xullo, dous días despois da Lúa chea, o cal dificultará en certa medida a observación dos 25 meteoros por hora que sucarán o firmamento.

Como o nome do fenómeno indica, as Delta Acuáridas semellan irradiar da constelación de Acuario, polo que haberá que dirixir a vista cara á parte baixa do horizonte meridional. Desde o hemisferio sur veranse mellor.

Publicidade

Estes días imos ver entre 20 e 25 estrelas fugaces por hora, que viaxan a 15.000 quilómetros por hora. A constelación de Acuario foi descuberta no século II polo astrónomo grego Ptolomeo. Simboliza ao “portador da copa de auga”.

Pero, se a proximidade da Lúa chea será mala para as Delta Acuáridas, este ano será unha ocasión inmellorable para observar as Perseidas, pois comezaron a verse o 17 de xullo e chegarán ao seu punto culminante o 12 de agosto, mentres a Lúa está en fase minguante.

As contornas rurais, as zonas de montaña e as paraxes afastadas da contaminación lumínica propia das grandes urbes serán os lugares perfectos para acampar e mirar cara á constelación de Perseo, de onde xurdirán 100 meteoros por hora, segundo os cálculos do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).

A súa orixe está no cometa 96 p-Machholz. Porque as choivas de estrelas proveñen do po cósmico de cometas. Por exemplo, as perseidas prodúcense polo po do cometa Swift-Tuttle e as eta acuáridas do Halley.

Cando o cometa aproxímase cara ao sol vaise desintegrando deixando tras del un rastro de partículas flotantes chamadas meteoroides. Cando a traxectoria do noso planeta cruza unha destas nubes de partículas, o choque coa nosa atmosfera fai que algúns meteroides se desintegren, xerando un escintileo ou cola, chamado meteoro. Ou, o que é o mesmo, unha estrela fugaz. Se o meteoroide logra atravesar a atmosfera íntegro continuará a súa traxectoria ata a superficie terrestre. Estes meteroides que conseguen aterrar son os meteoritos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O bólido que se viu dende Galicia tivo a súa orixe na constelación Pegaso

O fenómeno avistouse no sur do país e no norte de Portugal pero o astrónomo Josep M. Trigo asegura que aconteceu "moi lonxe da costa"

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Esta é a desconcertarte orixe das Xemínidas, a maior chuvia de meteoros do ano

A descomposición térmica do asteroide Faetón está detrás deste espectacular fenómeno, que se poderá observar entre o 13 e o 14 de decembro

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa