Mesa redonda: Fuga de talentos e conciliación

Investigadoras que desenvolven a súa carreira no extranxeiro falan da precariedade da investigación no noso país e o nesgo de xénero no mundo científico

Fuga de talentos e conciliación: mesa redonda do programa Ciencia en Feminino, co que GCiencia celebra durante todo o mes de marzo o 8M, Día Internacional da Muller, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.

Investigadoras que desenvolven a súa carreira no extranxeiro falan da precariedade da investigación no noso país, o nesgo de xénero no mundo científico e ata que punto condiciona a precariedade, a obrigada procura de oportunidades no exterior; as políticas de conciliación vixentes en Europa e en España. Con:

Publicidade

  • Isabel Suárez Fernández, física pola USC. Actualmente está a desenvolver o seu doutoramento no Instituto Superior Técnico (IST) CENTRA-Centro de astrofísica e gravitación de Lisboa. A súa tese afonda nos fenómenos críticos no colapso gravitacional.
  • Alba Vieites Prado, neurocientífica e, hoxe en día, investiga no Paris Brain Institute a plasticidade de largo alcance das redes neuronais no cerebro humano.
  • Lorena Boquete Vilariño, bióloga. Investiga na Universidade de Cambridge a interacción entre as células cancerosas e as células dendríticas.
  • Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

Presenta:  Begoña Márquez.

O programa Ciencia en Feminino segue co seguinte programa.

Publicidade

MullCoordina o grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC).​ Bolseira na primeira edición internacional do Programa L’Oréal UNESCO For Women in Science (primeira española becada nos 17 anos do programa). Ademais é membro do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da UVigo. Premio María Josefa Wonenburger en 2020.

  • 24 de marzo. Mesa de debate: Teitos de cristal na investigación

Unha reflexión sobre o papel das mulleres en postos claves da investigación, sobre a súa escasa presenza ao fronte de grupos de investigación, as razóns que as levan a quedar no camiño da carreira profesional, a escasa representación de académicas na RAGC ou á fronte de institucións académicas, etc. As relatoras son:

  • Concepción Sánchez Fernández, directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, recién integrado na MBG. Dirixe o gupo de investigación: Biotecnoloxía de especies forestais e traballa en biotecnoloxía forestal e a bioloxía molecular do desenvolvemento.
  • María Luz Loureiro García é catedrática de Economía da USC. Responsable do Grupo Eco Iuris de análise xurídico-económico. As súas investigacións están vencelladas á economía enerxética, a economía ambiental e á economía agrícola. A súa valoración económica de danos ambientais foi utilizada pola Fiscalía no proceso de reclamación xudicial dos danos causados pola vertedura do Prestige. Este ano será nomeada académica da RAGC.
  • Lucía Maneiro Santamaría, CEO da spin-off galega Psico VR, creadora dun software para gafas de realidade virtual (RV) dirixido ao tratamento psicolóxico de fobias, estrés e pánico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Aos seis anos, a presión cultural xa fai efecto e as nenas deixan de verse capaces de calquera cousa”

A enxeñeira Soledad Torres Guijarro participou xunto á bióloga Iria Gómez Touriño e á enfermeira Ainara Díaz Geada na última sesión de Ciencia en feminino
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

Elena Vázquez Abal: “Debemos crear referentes científicas actuais para as novas xeracións”

A matemática galega lidera iniciativas internacionais e impulsa a igualdade nas ciencias dende a súa experiencia académica e persoal
00:37:33

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con Elena Vázquez Abal

A matemática recibiu o Premio de Divulgación Científica 2024 por unanimidade pola súa carreira investigadora e docente