As investigadoras asinan a metade das publicacións pero lideran só o 20%

Os datos do estudo da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología evidencian a fenda de xénero que existe na produción científica española

O 43 % da comunidade investigadora española que publica en Web of Science (WOS), unha das principais bases de datos mundiais de referencias bibliográficas e citas de publicacións periódicas, son mulleres. Así o recolle o estudo La presencia de mujeres en la producción científica española da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), do Ministerio de Ciencia e Innovación. Por primeira vez, a análise ofrece datos que identifican a presenza de investigadoras na produción científica española publicada, entre 2014 e 2018, en revistas internacionais de referencia.

O obxectivo principal da análise é explorar e comparar aquela produción científica na que participan mulleres respecto daquela na que non están presentes, e así poder identificar diferenzas entre os dous grupos de publicacións e analizar o posible impacto que pode derivar das mesmas. Para iso, e en total, analizáronse 304.165 documentos da plataforma online, identificando a 145.276 investigadoras e investigadores de institucións científicas españolas.

Publicidade

O traballo da FECYT revela que, no 48% da produción científica española hai unha muller asinante da publicación. Porén, só un 20 % das investigadoras lideran os estudos nos que se identifican como autoras. Así mesmo, o informe mostra que o 12% da produción científica española na que interveñen mulleres atópase entre a máis citada do mundo, apenas un punto porcentual de diferenza coa media española, do 13%.

As materias STEM, unha área por conquistar

As categorías temáticas con maior número de documentos na produción científica na que participan mulleres son ciencias ambientais, ciencia dos materiais, bioquímica e bioloxía molecular, ciencia dos alimentos, física, química, farmacoloxía e farmacia e neurociencias. Pola contra, a análise da distribución temática confirma que unha das fendas de xénero que aínda persiste é nas áreas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), sobre todo en enxeñerías da comunicación, computación e electrónica, e matemáticas e física.

Publicidade

A análise da distribución temática confirma que unha das fendas de xénero que aínda persiste é nas áreas STEM

Unha fenda que tamén se aprecia nas solicitudes de sexenios de investigación nas principais áreas STEM como en enxeñerías da comunicación, computación e electrónica; matemáticas e física; e arquitectura, enxeñería civil, construción e urbanismo. Eidos nos que as mulleres presentan menos do 30% das solicitudes.

A disparidade na mobilidade

A media da produción científica española en colaboración con outros países sitúase no 53%. Así mesmo, e no que respecta á produción na que interveñen mulleres, as publicacións con participación internacional foron aumentando ano tras ano ao longo do período analizado. Con todo, e malia ese incremento, a cifra é substancialmente inferior á porcentaxe de documentos nos que non participan, e descende até o 48%.

Amais, identificouse que as publicacións de persoas investigadoras móbiles teñen maior impacto —en termos de citacións— que as de investigadores/as que nunca abandonaron o seu país de orixe. Nesta liña, o informe Elsevier Gender Report 2020 subliña que os homes teñen máis mobilidade que as mulleres e publican máis a miúdo fóra do seu país de orixe. Polo tanto, as diferenzas na mobilidade poden ser tamén outro factor que contribúe ás disparidades de xénero no avance da carreira investigadora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

O CITIC participa no Women in Digital Forum para impulsar a igualdade de xénero no ecosistema dixital

O Centro TIC da UDC colaborará nesta plataforma estratéxica promovida pola Unión Europea, que busca abordar as causas estruturais da fenda no ámbito dixital

Catro de cada dez galegos cren que os gobernos crean virus para controlar a súa liberdade

Tres de cada catro cidadáns confía na investigación científica, pero o número de escépticos aumenta en liña coa dinámica mundial

O programa de Maiores da UVigo retoma as charlas abertas en Vigo, Ourense e Pontevedra

O alumnado do programa cambia as aulas por cafetarías para compartir uns minutos ‘de ciencia e vida’