Martes 19 Marzo 2024

PODCAST | O ano da pandemia

GCiencia estrea unha peza na que se percorre o acontecido neste ano, coas voces de numerosas voces que seguiron de primeira man a crise

O 13 de marzo de 2020, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciaba a declaración do estado e alarma en todo o territorio por mor da elevada transmisión do coronavirus SARS-CoV-2, que desde febreiro se estaba propagando silenciosamente por boa parte da península ibérica. Horas antes, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciaba a declaración da emerxencia sanitaria polo mesmo motivo.

Comezaba un tempo traumático, do que aínda hoxe, xusto un ano despois, non se repuxo a sociedade. O impacto sanitario, social e económico foi severo. E custará tempo repoñerse. Pero ao mesmo tempo, a ciencia acadou un enorme fito coa obtención de diversas vacinas que desde finais de 2019, apenas un ano despois de que se coñecese a existencia do virus, xa se están administrando na poboación.

Publicidade

GCiencia estrea, neste aniversario, o podcast O ano da pandemia, no que participan investigadores que seguiron de primeira man a crise. A peza, escrita e producida por Manuel Rey, conta coa participación de Juan Gestal, María José Pereira, José Gómez Rial, África González, José Antonio Taboada, Mariano Esteban, José Martínez Costas, Sonia Villapol ou Santiago Lago Peñas. Podes escoitalo aquí, en Ivoox e Spotify:


Podes ler as reportaxes sobre o aniversario da pandemia premendo na imaxe baixo estas liñas:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

África González, ante a reaparición do sarampelo: “As familias deben vacinar os seus fillos”

España rexistra os seus primeiros casos trala pandemia e dende o 1 de xaneiro suma xa 15 contaxios

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

África González: "Estamos moi cerca da cura de doenzas autoinmunes"

Os científicos ven posibles as terapias que restauren a tolerancia inmune en enfermidades como diabetes ou lupus

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade