A Xunta eleva o nivel 2 de alerta pola marea de ‘pellets’

Alfonso Rueda anuncia a medida despois que Asturias. O goberno central leva dáis esixindo esta medida para poder colaborar na limpeza das praias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou esta mañá que se elevará o nivel 2 de alerta do Plan Territorial de Contixencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) pola marea de pellets. Faino tan só unhas horas despois de que o goberno asturiano informase da “aparición” xeneralizada de bólas plásticas en boa parte dos areais da comunidade autónoma e, como consecuencia, elevase o nivel 2 do seu propio plan de continxencia. A subida do nivel de alerta era o requisito que esixía o goberno central para poder colaborar cos seus medios na limpeza do mar e dos areais. Con todo, non é ata este martes 9 de xaneiro cando se toma a decisión, pese a que a primeira aparición de pellets en Galicia datan do 13 de decembro a través dun aviso ao 112 na praia de Espiñeirido.

“Se o requisito que nos están pedindo é elevar o Camgal a nivel medio, a Xunta de Galicia non ten ningún problema en facelo. Farémolo pero cunha petición moi expresa, que é que se traballe no mar para impedir que todos estes sacos cheguen ás praias”, declarou Rueda ante as preguntas dos medios nun acto celebrado esta mañá. O presidente da Xunta fai alusión ás máis de 1.000 bolsas de rafia que levaba o cargueiro Toconao e que se desprenderon do buque o 8 de decembro xunto a outros cinco contedores. Os sacos teñen uns 25 quilos de bólas de plástico, o que dá unha estimación de máis de 25 toneladas de pellets que se verteron ao mar. Moitas delas xa chegaron ás praias galegas e xa se estenden á costa cantábrica e a Francia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Consecuencias da invasión

A ameaza dunha alga asiática que xa está en Galicia

A causa dos ‘pellets’ arquivouse, pero a contaminación continúa

A finais de 2023 o buque 'Toconao' perdeu seis contedores fronte ás costas portuguesas, e unha marea de bólas blancas de plástico comezou a chegar ás praias galegas

Unha investigadora da UDC mellora os envases alimentarios baseados en bioplásticos

A científica Anja Schmidt abre a porta ao deseño de recipientes activos con liberación controlada de antioxidantes ou compostos antimicrobianos

Un estudo revela o impacto dos grandes plásticos nos bancos de mexillón da ría de Vigo

As bolsas comerciais e as sedelas de pesca poden modificar procesos fisiolóxicos clave e a estabilidade estrutural do molusco