“Non temos planeta B”: a mocidade ergue a voz en Galicia nos Venres polo Futuro

Varias vilas e cidades galegas acolleron mobilizacións no marco da folga polo clima que tivo lugar hoxe en países de varios continentes

Foi unha moza de 16 anos, Greta Thunberg, a que iniciou un movemento que xa é global para esixir aos poderes públicos e privados que salven o planeta antes de que sexa demasiado tarde. E foron tamén as mozas e mozos en Galicia as que colleron as rendas dun movemento que cada vez toma máis protagonismo na axenda pública: o ecoloxismo e a loita contra o cambio climático están para quedar de cara ao futuro. Así o demostraron as concentracións celebradas este venres en vilas e cidades como O Porriño, A Coruña, Ourense, Nigrán, Vigo ou Ferrol, no marco da primeira folga polo clima deste 15 de marzo: día da folga polo clima, co lema de Venres polo Futuro (#Fridaysforfuture).

A iniciativa, que en Galicia colleu forza no instituto Antonio Palacios do Porriño, tivo réplicas noutros centros educativos e campus universitarios. Na vila do sur de Pontevedra os estudantes, apoiados por docentes e as súas familias, reuníronse na praza do Concello.

Publicidade

En Ourense, diferentes colectivos da cidade uníronse á convocatoria de folga estudantil. Ante a convicción de que “non hai planeta B” ao que ir e “que aínda estamos a tempo”, as e os participantes nas accións levadas a cabo este venres no campus de Ourense chamaron a atención sobre a necesidade dun cambio tanto individual como colectivo para frear o deterioro ambiental.

A cita en Ourense reuniu nos xardíns universitarios, fronte á Biblioteca Rosalía de Castro, a arredor de 200 persoas entre escolares, estudantes universitarios e membros de colectivos como Sustinea e Amigos da Terram, segundo informa o Duvi. Ao longo da hora que durou a concentración, as e os asistentes participaron nun obradoiro de pancartas de protesta na que cada persoa puido trasladar a mensaxe desexada, podendo verse lemas nun amplo abano de idiomas como “viva o planeta”, “os cartos non se respiran”, “a ferramenta máis importante para o cambio do clima es ti” ou “humanidade esperta”. Tamén houbo unha pancarta colectiva na que as e os participantes puideron deixar as súas mensaxes reivindicativas, rematando o acto cunha performance na que se representou simbolicamente a perda da biodiversidade no planeta, o crecemento do impacto do ser humano na contorna e as posibles solucións á situación actual, como o consumo responsable e a educación ambiental.

Publicidade

Noutras cidades, como Vigo ou A Coruña, entidades como Greenpeace tamén respaldaron a mobilización deste venres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España