Este venres 15 de marzo, folga polo clima

Varias vilas e cidades de Galicia súmanse ao movemento internacional que insta a gobernos e grandes industrias a tomar medidas

A faísca prendeu en agosto de 2018 en Suecia, despois de que o país afrontara unha inaudita vaga de calor e incendios. Unha moza de 15 anos chamada Greta Thunberg apareceu diante do Parlamento do país cunha pancarta coa que chamaba á folga escolar polo clima. En protesta pola falta de accións contundentes na loita contra o cambio climático, Greta mantivo a súa protesta e comezou a acadar sona internacional. E este venres 15 de marzo, a folga polo clima farase mundial. Miles de persoas en todo o planeta están organizando actos para pedir medidas inmediatas sobre un problema que compromete o noso futuro. A propia ONU publicou esta semana un novo informe no que volve pedir que se actúe xa.

A folga polo clima en Galicia

A mobilización global, con miles de actos convocados, tamén terá eco en Galicia. Desde centros educativos e movementos sociais están previstas varias actividades. Desde O Porriño prendeu a chispa, neste caso, da man da profesora Miriam Leirós. Así, a comunidade do CEIP Antonio Palacios xa celebra paróns simbólicos cada venres para apoiar a iniciativa de Greta Thunberg, e este venres está prevista unha manifestación diante do Concello na que tomarán parte alumnos doutros centros do Porriño, como os colexios da Ribeira, Atios, Hermanos Quiroga  Fernández López ou Santo Tomás, e o IES Ribeira do Louro.

Publicidade

Tamén hai concentración prevista no CEIP da Cruz de Nigrán, segundo a información que achega a rede española da folga polo clima. E hai movementos cidadáns que tamén organizarán concentracións na Coruña, Ourense, Vigo e Ferrol.

Estas son, segundo Greenpeace, as concentracións previstas en Galicia pola folga deste venres 15:

Publicidade

  • A Coruña: 13:00. Concentración en Praza de María Pita. Twitter. Instagram. Facebook.
  • Ferrol. 11:00. Concentración na Praza do Cantón. 12:00 Manifestación de Praza de Amado García a Cantón.
  • Ourense. 11:00. Manifestación desde o Campus As Lagoas ata a Praza Maior.  Facebook.
  • O Porriño (Pontevedra). 12:00, diante do Concello.
  • Vigo (Pontevedra). 12:00, diante do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A imparable expansión da covid das plantas: así se propagou ‘Xylella’ no norte de Portugal

A perigosa bacteria detectouse por primeira vez en Vila Nova de Gaia nunha planta de lavanda francesa en 2019

A perigosa bacteria que ataca os vexetais, ás portas de Galicia: “Non estamos preparados”

A 'Xylella fastidiosa' identificouse en case 600 especies e pode causar enfermidades graves e morte en oliveiras, cítricos, vides, froiteiras de óso e plantas ornamentais

Galicia rexistra un 45,3% menos de varamentos en 2025

O Cemma explica que as cifras, a pesar da diminución de exemplares afectados, continúan sendo elevadas e preocupantes para a conservación

Castro de Rei é o único lugar da península onde nidifica o mazarico real, en perigo crítico

O enclave lucense concentra a totalidade da reprodución confirmada desta ave migratoria na Península Ibérica